A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

GALMIX TOXIGAL: a solución para que a ración non fermente no pesebre

A suba das temperaturas fai que a mestura unifeed se quente e provoque importantes problemas no gando. O produto fabricado pola empresa galega SOGACO actúa estabilizando a ración, combatendo as bacterias e fungos dos silos e hixienizando o carro mesturador. Coñecemos o testemuño de granxas leiteiras que o usan

GANDERIA PENA SC (Tordoia) racion Galmix ToxigalCoa suba das temperaturas, as vacas comen menos e producen menos. E se por enriba o que comen non está en bo estado, os problemas multiplícanse. Por iso, é fundamental lograr estabilizar a ración no pesebre, evitando que fermente. A solución chámase GALMIX TOXIGAL, un produto eficaz e que usan cada vez máis explotacións leiteiras galegas. 

“O quecemento e fermentación da mestura unifeed no pesebre é un dos problemas máis habituais nas ganderías de vacún de leite cando veñen os meses de calor. Supón a destrución de parte dos valores nutricionais da ración, provoca perda de apetencia e unha diminución da inxesta e xera importantes riscos sanitarios e reprodutivos para os animais”, explica Álvaro Naya, veterinario e xerente da Sociedade Galega de Correctores (SOGACO), empresa fabricante de GALMIX TOXIGAL.   

Cando se acumula comida para todo o día no pesebre e soben as temperaturas, non chega con movela ou arrimala con frecuencia

A compañía galega, con planta de fabricación en Vigo, conta cun produto 100% eficaz, único no mercado, que se aplica mesturado co penso no carro e actúa como bactericida-fungicida, secuestrante de micotoxinas e hixienizante, para dar solución a unha necesidade que se incrementa a medida que as olas de calor e os períodos de temperaturas elevadas se converten cada vez en máis habituais. 

“Este ano tivemos temperaturas superiores a 30 grados centígrados en Galicia xa no mes de maio, cando a partir de 25 grados as vacas xa notan os efectos negativos da calor, pero de nada serve ter ventiladores se deixamos que a ración fermente, nin ofrecer ás vacas unha ración completa e equilibrada se non garantimos a súa estabilidade no pesebre”, evidencia Álvaro.

Unha ración quente provoca problemas dixestivos nas vacas e un proceso inflamatorio que fai que baixen ao leite

“Todo gandeiro sabe que unha das claves para lograr altas producións nunha explotación leiteira está na alimentación do gando, pero cando se acumula comida para todo o día no pesebre e se dan condicións de temperatura e humidade elevadas, non chega con movela ou achegala con frecuencia, é necesario engadir produtos estabilizantes”, explica. 

Un produto deseñado para utilizar directamente a nivel de granxa

Galmix Toxigal véndese en sacos de 25 kg para incorporar ao carro mesturador

Galmix Toxigal C/ MP véndese en sacos de 25 kg para incorporar ao carro mesturador

GALMIX TOXIGAL é un produto  para utilizar directamente a nivel de granxa. Preséntase en sacos de 25 kg para botar no carro mesturador e funciona como un “3 en 1”, bactericida, funxicida e secuestrante de micotoxinas que actúa descontaminando a mestura unifeed, evitando deste xeito a súa fermentación, e que tamén axuda a limpar o carro mesturador. “Con estas tres funcións non hai ningún outro produto no mercado con este nivel de eficacia”, asegura Álvaro nutricionista e veterinario de formación.

Na súa composición, GALMIX TOXIGAL leva paredes celulares de levadura e silicatos que actúan como inhibidores de micotoxinas e incorpora tamén ácidos orgánicos con función bactericida e funxicida para evitar as fermentacións anormais que se poden producir no carro e os incrementos posteriores de temperatura da ración no pesebre.

Trátase dun 3 en 1: secuestrador de micotoxinas, bactericida-funxicida e hixienizante do carro unifeeed

A maiores leva un carrier moi miscible que fai que todos os principios activos do produto se repartan de xeito homoxéneo na comida que vai inxerir o animal para que o produto realice a súa función en cada quilo de alimento que come a vaca.

Conservante de ensilados

SAT SAN ANTONIO (Palas de Rei) silo milloAo actuar descontaminando a mestura unifeed de bacterias, fungos e micotoxinas, GALMIX TOXIGAL permite corrixir silos en mal estado ou cun deficiente estado de conservación, evitando ou retardando a súa refermentación no pesebre.

Ao evitar ou retardar os requecementos da ración permite corrixir os efectos de ensilados en mal estado ou cunha conservación deficiente

“É relativamente frecuente que nos atopemos con silos de herba con problemas de fungos por exceso de humidade e bacterias como clostridium por contaminación con terra, ou con silos de millo con micotoxinas porque se colleitou a planta moi seca, por exemplo. Ese cóctel é unha bomba de reloxería despois no carro cando se dan condicións de humidade ambiental elevadas, como as que temos en Galicia, e de subida das temperaturas”, describe Álvaro.

Dose e modo de emprego

NOVOA SC (Taboada) carro mesturador Aira2

A dose recomendada está entre os 100 e os 150 gramos por vaca e día. O modo de administración é moi sinxelo, xa que o produto preséntase en sacos de 25 kg para utilizar directamente a nivel de granxa, recomendándose engadilo ao carro mesturador no momento no que se incorpora o penso, para axudar a unha distribución uniforme por toda a ración.

O produto aplícase no carro mesturador, incorporándoo á mestura unifeed á vez que se engade o penso para lograr unha distribución homoxénea na ración

“Non aconsellamos engadilo ao forraxe, senón que aconsellamos botalo no carro xunto co penso, que ao ser un produto seco tamén actúa como excipiente facilitando unha distribución máis homoxénea que se o engadimos co silo de herba ou de millo, que ao ser húmido apelmaza máis”, detalla.

Toxigal non varía a composición da ración, polo que non habería que modificar a formulación elaborada polo nutrólogo da explotación. “É unha axuda para que as vacas coman mellor a ración que prepara o nutrólogo e para que a comida non se requente, pero desde o punto de vista nutricional non altera os contidos en proteína, enerxía e fibra da mestura nin ten ningún tipo de contraindicación”, aclara o veterinario de Sogaco.

As vacas comezan a notar os efectos do estrés por calor a partir dos 25 grados de temperatura, que en moitas zonas de Galicia xa se acadan desde finais de maio até setembro

Recoméndase a súa utilización durante todo o ano, con especial incidencia durante o verán, en días de tormenta ou cando sobe a temperatura. “Debido aos efectos do cambio climático cada vez temos máis episodios de olas de calor, non só nos meses do verán, senón en calquera época do ano, que desestabilizan a ración e provocan efectos moi negativos tanto sobre a produción como sobre a saúde do gando”, indica Álvaro.

A partir de 25 grados as vacas xa notan os efectos negativos

O cambio climático está a deixarse notar xa de maneira evidente tamén en Galicia. Os episodios de calor son máis frecuentes e duradeiros e os seus efectos negativos sobre a produción leiteira son xa unha realidade a día de hoxe en moitas zonas da comunidade desde o mes de xuño até finais de setembro.

As vacas comezan a notar os efectos do estrés por calor a partir dos 25 grados de temperatura, que en moitas zonas de Galicia acádanse xa desde finais de maio até setembro. As caídas na produción superan os 3 litros diarios, segundo os estudos realizados polo Ligal e a Facultade de Veterinaria de Lugo, e os seus efectos negativos son acumulativos, de maneira que a caída da produción non se recupera facilmente nos días posteriores ao episodio de calor extremo.

Se poñemos ventiladores no establo pero despois deixamos que a ración fermente no pesebre non solucionamos o problema do cambio climático

Tamén son persistentes as consecuencias reprodutivas, con descensos importantes na fertilidade nos meses do verán que as explotacións arrastran despois durante todo o ano cun aumento dos días en leite das vacas en produción, un retraso nos partos e unha diminución na recría dispoñible.  

“O cambio climático está provocando un incremento innegable das temperaturas, polo que productos coma este, que antes podían ser máis estacionais, son cada vez máis habituais e necesarios. En Galicia, onde temos unha humidade ambiental elevada, debido a esa subida das temperaturas, temos un caldo de cultivo perfecto para que fermente a ración”, evidencia o veterinario de Sogaco.

Falamos con varias granxas leiteiras galegas que usan o produto. Destacan a tranquilidade que lles aporta saber que as súas vacas comen unha ración que vai estar en perfectas condicións durante todo o día porque unha ración estable equivale a máis produción de leite, maior fertilidade e mellor saúde do rabaño.  

PARA SABER MÁIS SOBRE O PRODUTO OU COÑECER CAL É O DISTRIBUIDOR MÁIS PRÓXIMO:

Teléfono: 627505107

Email: oficina@sogaco.com

Web: www.sogaco.com

“Con Galmix Toxigal logramos manter a produción de leite no verán”

GANDERIA PENA SC (Tordoia) Galmix Toxigal3Os meses do verán sempre son problemáticos nas explotacións leiteiras. O incremento da temperatura ambiental, sumada á alta humidade, provoca o quecemento da ración de alimentación do gando, reducindo drasticamente a apetencia e os niveis de inxesta por parte dos animais e provocando consecuencias graves sobre a saúde metabólica e de ubre das vacas en produción, xerando maior risco de mamites e outras afeccións.

Algunhas das consecuencias que as ganderías notan nestes casos teñen que ver co incremento de células no tanque, a perda de calidades no leite, unha baixada da produción e dificultades para que as vacas empreñen. Para evitalo, Gandería Pena SC, ubicada en Castenda da Torre (Tordoia), usa GALMIX TOXIGAL

“Comezamos a usar Galmix Toxigal fai uns 5 ou 6 anos porque no verán e en épocas de calor viamos que quecía a comida no pesebre. Aínda que fora en bo estado, en días calorosos podía chegar a quecer. E a verdade é que desde que o utilizamos vimos bastante melloría”, conta Fernando Pena, que está á fronte desta gandería familiar.  

Destaca sobre todo a “estabilidade” que o produto fabricado por SOGACO aporta á mestura unifeed durante todo o día. “Para min ten moitas vantaxes, porque me dá tranquilidade e afórrame traballo e cartos porque non teño que tirar comida”, di.

Supón un aforro porque non tes que tirar comida e o que lles sobra ás vacas de leite poido usalo nas xatas con todas as garantías

Gandería Pena moxe nestes momentos unha 115 vacas. Para o lote de produción prepara uns 6.000 kg diarios ración a base de silo de millo, silo de herba e penso. O carro mesturador da CUMA á que pertence a granxa vén todos os días arredor das 10 e media da mañá.

Antes de que chegue o carro, Fernando limpa o pesebre e aproveita as sobras de comida para as xatas. “Se un día me sobran 100 ou 200 kg da ración das vacas non os teño que tirar, porque están perfectamente e sei que non lles vai facer mal ás cuxas de recría porque esa comida se vai aguantar en perfecto estado. Eses quilos de comida que aproveito valen cartos; xa pagan o produto”, valora.

Antes, sen embargo, recoñece que “tiraba moita comida”. “Non me arriscaba a que puidera estar mal e non lla botaba á recría”, di. “Noteino moito na comida que levo para as xatas que teño na casa, na nave vella, onde están as becerras até o momento de inseminar. Levo 300 kg da ración de leite das vacas e tenme para dous días, déixoa un pouco estendida e non me quece nin teño ningún problema cando antes pola tarde xa fervía”, conta.

Efectos sobre a calidade do leite

Nas vacas de leite, manter unha ración de alimentación estable e apetecible todo o día é unha garantía para evitar baixadas na produción e mermas na calidade do leite. “Nalgunha ocasión, que por algún motivo deixei de usar o produto no verán durante tres ou catro días, notei cambios nas analíticas do leite no tanque, por exemplo algún repunte no reconto de células somáticas por algunha mamite espontánea consecuencia da alimentación, pero se o uso de continuo vexo que está o tema moito máis controlado”, di.

Gandería Pena mantense todo o ano por baixo das 100.000 células e 10.000 bacterias

Nas camas utilizan unha mestura ao 50% de carbonato con serrín como material de recheo e limpan os cubículos 4 veces ao día, polo que a hixiene na granxa é máxima, pero “a outra pata para evitar mamites é a alimentación”, asegura Fernando.

“Antes de usar Galmix Toxigal teño notado caídas de produción por baixadas no consumo de comida e incrementos de células puntuais nas analíticas do Ligal que coincidían con días de calor e eran debidos ao requecemento da ración, porque os silos eran os mesmos, a ración non se cambiaba e o carro tamén era o mesmo. Pero pode estar a comida impecable no momento de facela, que como queza non lles gusta e non a comen. Nas xovencas tamén vai haber efectos sobre o seu crecemento, pero non se van ver de xeito tan inmediato coma nunha vaca en produción. E nas secas tamén é importante que consuman a cantidade de materia seca necesaria”, insiste. 

No verán, dun día para outro o tempo cambia e o estado do silo tamén. No inverno, cada vez que abrimos un silo novo, tamén o botamos

Gandería Pena usa Galmix Toxigal ao longo de todo o ano, de maneira continua nos meses do verán e de xeito puntual cada vez que abren un silo novo. “Este ano empezamos a usar o produto xa no mes de maio porque viñeron uns días de moita calor e botarémolo polo menos até finais de setembro. O resto do ano, cando abrimos un silo novo tamén o utilizamos, porque tes que abrir moito frente xunto e pode haber máis risco de atoparte cunha comida en mal estado. Ao actual como secuestrante de micotoxinas é unha maneira de curarte en saúde”, explica Fernando.

“Cando os silos están algo tocados notamos a diferenza”

Abel Vázquez,

Abel Vázquez é un dos socios da SAT Vila Alborés, ubicada no lugar de Vilaferreiros, no concello de Mazaricos, unha das explotacións leiteiras máis grandes de Galicia, que empezou a usar GALMIX TOXIGAL na súa ración por acumulación de animais no establo mentras construían a última ampliación da nave de produción. 

“Desde que o empezamos a usar notamos un cambio. A ración mantense máis estable e as vacas están mellor. E nós estamos tamén máis tranquilos, porque a comida non quece; antes tiñamos que movela máis e aínda así ás veces fermentaba”, di.

Abel pon o foco na importancia da prevención, xa que os problemas de incremento da temperatura da ración teñen efectos na saúde global do rabaño. “Se tes un problema estropéache o mes enteiro; por iso hai que blindarse o máis posible con este tipo de produtos”, asegura.

As vacas están mellor e nós estamos máis tranquilos; antes tiñamos máis problemas de empachos e diarreas

Se unha vaca inxire comida quente desencadéanse unha serie de problemas dixestivos e metabólicos e xérase un proceso inflamatorio como parte da resposta inmunitaria do animal. “Antes tiñamos máis problemas de empachos e diarreas”, recoñece Abel.

 Ración estable = maior inxesta e produción de leite

Ese incremento inflamatorio xerado provoca que a vaca teña que destinar máis recursos a loitar por recuperar a súa saúde e menos á produción de leite, polo que cando a ración está quente a vaca come menos e por enriba aproveita menos do que come, o que fai que a produción de leite diminúa por partida dobre.

En SAT Vila Alborés están a tres muxiduras e teñen unha produción media de 43 litros por vaca e día. Lograr altas producións obrígaos a non descoidar ningún dos aspectos relacionados coa eficiencia produtiva, como o benestar animal, a reprodución ou a alimentación do gando.  

Se tes un problema estropéache o mes enteiro; é mellor previr

Ao actuar descontaminando a mestura unifeed de bacterias, fungos e micotoxinas, Galmix Toxigal permite corrixir silos en mal estado ou cun deficiente estado de conservación, evitando ou retardando a súa refermentación no pesebre e minimizando os seus efectos negativos.

“Cando os silos están algo tocados, notamos diferenza. Este produto axuda a que a ración se manteña en bo estado máis tempo e as vacas a coman mellor, incrementando tamén por iso a inxesta”, destaca Abel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *