A empresa de leites maternizados e suplementos nutricionais Galega de Dietéticos (Galidiet) segue revolucionando o mercado dos produtos para a recría lactante. Logo do éxito dos seus sobres rehidratantes antidiarreicos, que utilizan xa máis de 200 explotacións leiteiras de toda a comunidade está a piques de lanzar ao mercado o primeiro leite dietético, que suma ás propiedades nutricionais do leite premium de Galidiet as funcións estabilizadoras do tránsito intestinal dos sobres antidiarrea elaborados a base de produtos naturais.
Esta combinación permitirá ás explotacións gandeiras criar xatas sans e vitais aforrando custos en man de obra e en tratamentos para conseguir un maior retorno na recría, con xovencas máis precoces, produtivas e lonxevas, en definitiva, máis rendibles.
O novo leite comeza a distribuírse neste mes de xaneiro, aínda que algunhas ganderías están usando o produto desde fai meses para testar a súa eficacia
O novo leite de Galidiet, que chegará ás ganderías de toda Galicia a partir do 1 de xaneiro en formato de saco de 20kg, pode usarse tanto en amamantadoras como dalo en caldeiro ou biberón ás xatas.
Unha solución integral para a recría nun mesmo produto
O novo leite dietético preséntase como unha solución “dous en un” para a recría nas ganderías de vacún. “Levamos xa dous anos comercializando o noso lactoreemprazante Leche Madre, que é un leite de máis calidade que o resto dos existentes no mercado e que está sendo utilizado neste momento por un cento de explotacións leiteiras de toda Galicia, pero quixemos ir un paso máis adiante con dúas novas formulacións que permiten sumar á función nutricional do noso leite a función preventiva que teñen os nosos sobres antidiarreicos”, explica Lucía Vizoso Paz, responsable de comercialización de produtos de Galidiet.
A utilización de leite dietético reduce a necesidade de usar sobres rehidratantes
Desta maneira créase o primeiro leite con compoñentes dietéticos que existe no mercado, capaz de lograr animais que medren sans até o momento do destete. “Os resultados vense a simple vista, son xatas con aspecto máis saudable, máis vitais e que comen e medran máis”, asegura.
As becerras vense máis vitais, teñen máis apetito e medran máis
Aínda que a utilización de leite dietético reduce a necesidade de usar sobres rehidratantes, trátase de dous produtos que son compatibles e que poden subministrarse de xeito simultáneo, de modo que se se ve que unha becerra anda branda pode complementarse o leite dietético cos produtos Readiet Stop ou Neodiet Plus, en función da gravidade, para cortar de maneira precoz a descomposición e evitar que o animal sufra problemas de deshidratación.
Aforro de custos e de man de obra
O uso dos leites para becerras de Galidiet axuda ás ganderías a sacar adiante a recría de xeito máis eficiente, aforrando custos de man de obra e facilitando o manexo diario. “Se non tes animais enfermos acabas moito antes, non tes que separar animais e aforras en medicamentos”, evidencia Lucía.
Unha diarrea báixalle a defensa aos animais e é máis fácil que colla outras enfermedades
As diarreas e as pneumonías son dúas das principais causas de falecementos neonatais nas explotacións leiteiras e as súas consecuencias, mesmo en animais que logran superar a enfermidade, arrástranse en toda a vida adulta produtiva da vaca.
“Até agora estivemos máis centrados nos produtos dietéticos porque as diarreas son un problema importante que afecta moito ás ganderías, reducindo a calidade da recría e provocando perdas importantes nas granxas, por iso agora decidimos mellorar tamén o leite, de maneira que ademais de nutrir ao xato consegue reforzar o seu sistema inmunitario”, explica.
Evitar problemas é tamén aforrar traballo, porque non tes que separar nin tratar animais enfermos; o manexo vólvese máis sinxelo
“Os beneficios de lograr que a recría medre rápido e sá son moitos, xa que imos conseguir inseminala antes, que estea parida antes e, polo tanto, ter un retorno dese investimento realizado moito antes”, insiste.
Tres composicións para as distintas necesidades do animal desde o encalostrado inicial até o destete
A becerra non ten as mesmas necesidades nutricionais desde o seu nacemento até o momento do destete. Por iso, Galidiet dispón de tres formulacións diferentes que aportan ao animal aquilo que precisa en cada momento, durante as 8 ou 10 semanas que acostuma durar o seu aleitamento en función dos protocolos de cada granxa.
Sustanza Vital é o leite recomendado para etapa inicial da xata, desde o encalostrado até o día 21 de vida. É un leite dietético con máis graxa e proteína do habitual (25% de graxa e 24% de proteína) para que as becerras arrinquen mellor. Galidiet utiliza para os seus leites materias primas de primeira calidade a base de só de distintos produtos lácteos, sen empregar sucedáneos vexetais, con menor poder alimenticio e que son peor asimilados polos animais de curta idade.
Galidiet non emprega sucedáneos vexetais nos seus leites, tan só produtos lácteos de primeira calidade
Nas tres primeiras semanas a becerra é tamén máis propensa a sufrir unha diarrea, por iso a composición inclúe ingredientes específicos para estabilizar o seu sistema dixestivo e intestinal e para reforzar o seu sistema inmunitario, como ovo, dextrosa ou fariña de algarroba, que é astrinxente.
Nas tres primeiras semanas de vida é cando hai máis risco de que a becerra poida contraer unha infección intestinal
Para a semana 4 e 5 de vida Galidiet dispón doutra composición, co nome de Bionatal, un leite de transición onde varían as porcentaxes dos distintos ingredientes, perdendo peso os produtos dietéticos en favor dun maior protagonismo dos produtos lácteos na mestura para favorecer deste xeito o crecemento e desenvolvemento corporal da xata.
A pulpa de algarroba é astrinxente e o ovo reforza o sistema inmunitario do animal
A partir da semana 5 e até o destete a tenreira pasaría a tomar xa leite sen dietético, xa que o risco de diarrea diminúe notablemente. Leche Madre, o produto recomendado para esta fase, acada un 23% de graxa e un 21% de proteína, valores superiores ao resto de lactoreemprazantes do mercado. “É dicir, tomando os mesmos litros, a becerra estaría tomando máis nutrientes”, explica Lucía.
Dose recomendada
Os novos leites dietéticos de Galidiet son moi sinxelos de utilizar, xa que o modo de emprego é o mesmo que o de calquera outro lactoreemprazante: mestúranse con auga cunha dose recomendada de 135 gramos de produto por litro de auga.
Calquera das tres formulacións é compatible tanto para a súa administración en biberón ou caldeiro, como para o seu uso en amamantadora, axudando a reducir os riscos de contaxio que se producen ao estaren os animais en grupo.
Os leites de Galidiet teñen moi boa tolerancia desde o primeiro momento e logran reducir os riscos de contaxio nas amamantadoras
Como todos os produtos da empresa galega, antes de sacalos ao mercado son testados de xeito exhaustivo en granxa. “Levamos máis de seis meses facendo probas con distintos lotes de animais de recría e puidemos comprobar a boa asimilación e os excelentes resultados obtidos a nivel intestinal, reducindo as taxas de diarrea practicamente a cero”, indica Lucía.
“Hai outros leites no mercado para dar nos momentos iniciais que non aportan nada desde o punto de vista nutricional. As becerras non teñen problemas, pero tampouco medran, porque non se están alimentando. É como se lles deramos auga”, conclúe a responsable de comercialización de produtos de Galidiet.
CONTACTO:
Para recibir mostras ou coñecer máis información sobre os produtos de Galidiet chamar ao teléfono 60604482 ou mandar un email a infogalidiet@gmail.com.