Galicia, terceira con máis galardóns nos VII Premios aos Mellores Viños e Espirituosos de España

A Comunidade eríxese con 5 galardóns na VII Edición dos Premios aos Mellores Viños e Espirituosos de España organizados pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV)

Publicidade
Galicia, terceira con máis galardóns nos VII Premios aos Mellores Viños e Espirituosos de España

Xurado da Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV)

Galicia logrou situarse como a terceira comunidade con máis premios na VII Edición dos Premios aos Mellores Viños e Espirituosos de España organizados pola Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV) e cuxos resultados se acaban de dar a coñecer.

Andalucía, con nove viños e espirituosos, erixiuse na Comunidade Autónoma máis galardoada, ás que acompañaron Cataluña, con seis marcas; e, en terceiro lugar, Galicia, con cinco marcas. En concreto, nos premios Mellores Viños e Espumosos 2015 a D.O. Rías Baixas levouse dous galardóns (Albariño Pazo de Fefiñanes III ano, Martín Códax); e Monterrei (Terra do Gargalo sobre lías),Valdeorras (As Sortes, de Rafael Palacios) e Orujo de Galicia (Pazo de Señoráns Orujo Blanco) conseguiron unha.

Os membros da Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño (AEPEV) elixiron na súa VII Edición os Mellores Viños e Espirituosos de España nunha votación a dobre volta na que tomaron parte o 70 % dos seus membros e na que tiveron que decidir entre as 786 marcas propostas na primeira fase do concurso, das que pasaron á final un total de 153 viños e 36 espirituosos nos 11 capítulos aos que optaban.

Resultados

O viño máis votado con 124 puntos foi Pago del Vicario Petit Verdot Rosado 2011 que recibirá o Premio Federación Internacional de Xornalistas e Escritores do Viño (FIJEV); mentres o Premio Hotel Ritz ao espumoso máis votado recaerá no cava Gramona III Lustros Gran Reserva 2007, de Cavas Gramona.

Por denominacións de orixe e específicas, os maiores galardóns recaeron en Jerez-Xérès-Sherry e Manzanilla de Sanlúcar con catro, seguida de Cava, con tres; Rías Baixas, Navarra, Rioxa, Montilla-Moriles, Vinos de la Tierra de Castilla y León e Vinos de la Tierra de Estremadura con dúas e Monterrei, Cuenca de Barberá, Valdeorras, Vinos de Madrid, Bierzo, Vinos de la Tierra de Castilla y León, Brandy de Xerez e Orujo de Galicia, cunha en cada caso. Un total de seis produtos atópanse fóra de denominación.

Os premios entregaranse o próximo mes de marzo no curso dunha comida de gala que se celebrará en Mérida e ao que teñen anunciada a súa asistencia tanto as autoridades da Comunidade Autónoma estremeña como as xuntas directivas da FIJEV e da AEPEV.

Consulta aquí a lista completa dos galardoados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información