Galicia sitúase entre as 10 rexións de Europa que máis aumentaron a produción de leite tralo fin das cotas

O sector gandeiro da comunidade está no noveno posto a nivel europeo en entregas, segundo revela un informe da Fundación Juana de Vega

Galicia sitúase entre as 10 rexións de Europa que máis aumentaron a produción de leite tralo fin das cotas

O sur de Irlanda é a rexión da UE con máis aumentos de produción. / Arquivo.

O fin das cotas lácteas na primavera do 2015 abriu a porta a que as granxas aumentaran a súa produción, sempre na medida en que as industrias lácteas e o mercado puideran absorbela. Que pasou en Galicia, en comparación con outras grandes zonas produtoras?. Os datos demostran que Galicia estivo entre as rexións gandeiras de Europa con máis vontade de crecemento.

Un estudo da Fundación Juana de Vega sitúa a Galicia como a novena rexión de Europa que máis aumentou a súa produción entre o 2014 e o 2020 (último ano con datos de Eurostat por rexións). En concreto, o aumento foi dun 12,2 %.

O maior crecemento rexistrouse no sur de Irlanda, unha zona leiteira que disparou as súas entregas nun 32,3 %. Foi un crecemento sen igual na UE, pois as seguintes dez rexións en aumento da produción sitúanse entre un 10 e un 20% de crecemento: catro de Holanda, tres polacas, Lombardía (Italia), Lüneburg (Alemania) e Galicia.

PROPUESTA DE INFORME - informe_sobre_a_producioin_de_leite_de_va

Ránking
Existe unha certa correspondencia entre o aumento de entregas e a potencia leiteira de cada rexión, pero tamén grandes rexións produtoras, como Bretaña e outras de Francia, que a penas aumentaron as súas entregas nos últimos anos. Chama a atención o caso de País de Loira, a cuarta rexión láctea da UE, que produciu no 2020 menos leite que no 2014.

principais rexions leite

O sur de Irlanda, a zona con maiores aumentos de produción, é tamén a primeira no ránking de entregas de leite, superando os 6 millóns de toneladas. Séguelle a Bretaña francesa, con 5,6 millóns e Lombardía (Italia), con 5,1 millóns.

Galicia, única rexión da Península entre as vinte primeiras en produción, sitúase na parte media, de novena, con case 3 millóns de toneladas. De continuar nos próximos anos o seu crecemento en entregas, a análise da Fundación Juana de Vega conclúe que Galicia podería chegar a ser a séptima potencia láctea da UE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información