Galicia revalida o seu liderazgo coas mellores becerras Frisoas de España

Galicia revalida o seu liderazgo coas mellores becerras Frisoas de España

Vacas da gandería sarriana Baixo Holstein

As últimas avaliacións xenéticas da Confederación Nacional de Frisona Española (Conafe) do mes de marzo revalidan o liderazgo de Galicia. Así, dous animais de ganderías de Sarria, en Lugo, e de Dumbría, na Coruña lograron a máxima puntuación no catálogo de mellores femias xenómicas de España.

A mellor vaca de España por índices xenómicos volve ser Campo 0383 Meridian Et, da gandería Campo de Lucín, en Dumbría (A Coruña). Así, na categoría de animais de máis de 18 meses esta vaca, nada no ano 2013, logrou unha puntuación GICO de 4.550 puntos.

A bastante distancia a gandaría catalana Mas La Cavallería logrou con Cavallería Mogul Medula o segundo posto con 4.250 puntos. A terceira praza foi para a Baixo Castro Sargeant Silly, con 4.185 puntos, e propiedade da gandería sarriana Baixo Holstein.

A cuarta posición é para Gener Touchdiwn Blusa 1376 ET, con 4.113 puntos e propiedade da gandería catalana Mas Gener. Coa mesma puntuación, pero en quinta posición sitúase Teixeiro Doorman Dogli, da gandería SAT Teixeiro (A Pastoriza-Lugo).

Baixo Jetset Silly mellora o seu Gico e logra 4.848 puntos

Na categoría de becerras xenómicas de menos de 18 meses, as probas de Conafe confirmaron tamén o liderazgo das ganderías galegas. Así, Baixo Jetset Silly, da gandería sarriana Baixo Holstein, logrou un índice Gico de 4.848 puntos e sitúase como a mellor becerra de España. Mellora os resultados das probas de decembro, nas que acadara 4.740 puntos.

A segunda mellor becerra xenómica de España é tamén para unha gandería galega, a lucense Panadeiro S.C., con Panadeiro Suprem 3806, que logra 4.729 puntos.

Gener Blue Silver 1516 Et, con 4.549 puntos, e propiedade da gandería catalana Mas Gener, logra o terceiro mellor posto, mentres que o cuarto foi para outra catalana: Thos Hatrod Lluna, con 4.452 puntos Gico. Desbanca á quinta posición a Campo 128 Wickham, tamén de Baixo Holstein, que logra 4.436 puntos.

Consulta aquí o Catálogo de Mellores Femias Xenómicas de máis de 18 meses. Probas de Conafe de marzo de 2017.

Consulta aquí o Catálogo de Mellores Tenreiras Xenómicas de menos de 18 meses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información