Galicia reforza a vixilancia dos montes fronte aos incendios

A Operación Centinela xa está en marcha co despregamento de 35 patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil por todo o territorio galego, que permanecerán operativos ata o 25 de setembro

Publicidade
Galicia reforza a vixilancia dos montes fronte aos incendios

A Operación Centinela xa está en marcha en Galicia para reforzar a vixilancia dos montes fronte aos incendios forestais. A misión, iniciada o pasado luns, 10 de agosto, contempla o despregamento de 35 patrullas terrestres e dous equipos de mantemento móbil por todo o territorio galego, que permanecerán operativos ata o 25 de setembro.

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, recibiu no Centro de Coordinación Central de San Lázaro o xeneral de brigada Andrés González, Jefe de la Fuerza Galicia (JEFZA Galicia) da Operación Centinela, nun encontro destinado a avaliar o inicio desta misión de vixilancia.

O principal obxectivo do dispositivo é reforzar a vixilancia e facilitar a identificación dos potenciais causantes dos incendios, ademais de incrementar o efecto disuasorio da presenza militar nos montes ante posibles prácticas delituosas.

O despregamento é posible grazas ao convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Defensa. Este ano, a operación adiántase cinco días respecto ao ano anterior e conta cun investimento da Administración autonómica de preto de 594.000 euros.

O dispositivo poderá complementarse, cando sexa necesario, con vixilancia aérea mediante unidades de dron, segundo contempla a operación.

Durante a xornada, o xeneral de brigada Andrés González tamén coñeceu as instalacións do Centro de Coordinación Central de San Lázaro, así como a estrutura organizativa da loita contra os lumes en Galicia e as ferramentas informáticas empregadas nas tarefas de prevención e extinción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información