Galicia recibirá preto de 1,5 millóns de euros pola súa boa execución dos fondos PEPAC para o rural

Así se recolle no informe elevado hoxe ao Consello da Xunta, no que se avalía o mecanismo de boa execución do PEPAC, que é a primeira vez que se activa

paisaxeRuralEFAfonteboaA data do 31 de decembro e debido á boa execución dos organismos pagadores, existe unha sobreexecución estatal de case 163 millóns de euros, pero 17,8 millóns non están executados, polo que se distribuirán entre as comunidades autónomas cumpridoras, entre elas Galicia, que recibirá 1.490.509 euros adicionais pola súa boa execución dos fondos procedentes do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC), procedentes da Unión Europea. Así se recolle no informe elevado este luns ao Consello da Xunta, no que se avalía o mecanismo de boa execución do PEPAC, que é a primeira vez que se activa.

Este investimento vén da aplicación da regra N+2 establecida pola Comisión Europea, segundo a cal os importes comprometidos nun exercicio orzamentario deben executarse antes do 31 de decembro do segundo ano seguinte. En caso contrario, os fondos son liberados automaticamente. No ámbito nacional, as desviacións na execución entre comunidades autónomas poden compensarse entre si, de xeito que as sobreexecucións nunhas rexións contribúan a equilibrar as infraexecucións noutras, facilitando así o cumprimento desta norma.

Neste contexto, é o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o encargado de efectuar a reasignación dos compromisos liberados entre as comunidades autónomas cun mellor nivel de execución. Polo tanto, a data do 31 de decembro de 2025, e debido á boa execución dos organismos pagadores que executaron por riba do 100 % da súa anualidade, existe unha sobreexecución estatal de case 163 millóns de euros, que permitiron evitar o descompromiso para España duns 32 millóns daqueles organismos pagadores cuxa execución estivo por debaixo do 100 %.

Pero ao mesmo tempo, cómpre distribuír entre as comunidades autónomas que executaron por enriba do 100 % o os fondos non executados, que ascenden a 17,8 millóns de euros. Así, a Galicia correspóndenlle preto de 1,5 millóns de euros, en base ao seu nivel de sobreexecución do 17,61 %. Polo tanto, a nosa é a sexta comunidade autónoma que máis recibe, dentro das 14 perceptoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información