
A reunión da Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural (CSADR), na que están representadas as Comunidades Autónomas e o Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación (MAPA) acordou destinar 195 millóns de euros entre os anos 2026 e 2027 ao sector da viticultura en todo o estado a través da Intervención Sectorial Vitivinícola da Política Agraria Común (PAC).
Van ser dúas liñas de actuación diferenciadas: por un lado a reestruturación e reconversión de viñedos (105,9 millones de euros) e por outro axudas aos investimentos en instalacións de transformación, infraestrucuras e instrumentos de comercialización (89,2 millones de euros). Segundo informan dende o MAPA, o reparto de cantidades aprobado inclùe as asignacións para estes programas no ano 2026 e as necesidades financieiras para o exercicio de 2027.
A Galicia vanse destinar 4.060.551,66 € para 30 operacións de reorganización e reestruturación de viñedos no exercicio 2026, que se completarán con outros 2.450.000,00 € para necesidades de operacións bianuais e que se entregarán en 2027. E haberá dúas partidas -de 3.584.724,34 € e 2.084.781,69 respectivamente- que irán para investimentos en isntalacións de adegas e viñedos e sistemas de comercialización.
Ademais, a nosa comunidade recibirá algo máis de 1.700.000 € para o desenvolvemento de programas para o combate e a erradicación de pragas en vexetais e enfermidades en animais. Así, a CSADR asignou a Galicia un total de 13.907.499,40 €. Unha cifra só superada por Castela-A Mancha, con 76.536.947,86 €, Castela-León, que recibirá 35.121.459,17 € e Extremadura, onde se adxudicaron 23.378.093,99 €.
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, explicou que é moi importante realizar o reparto neste momento para que as comunidades autónomas poidan xestionar o pago dos expedientes pendentes e aprobar as novas solicitudes.
No caso dos viñedos, vanse financiar en todo o estado 340 operacións coas solicitudes que obtiveron a puntuación máxima na convocatoria de axudas. Castela-León conta co maior número de operacións (69), seguida de Castela-A Mancha (62), País Vasco (51), Cataluña (30), Galicia (30), Comunidade Valenciana (23), Extremadura (21), La Rioja (16), Andalucía (11), Baleares (8), Aragón (7), Murcia (7) Navarra (3) Canarias (1) e Madrid (1).

Medidas de sanidade
En canto as medidas aprobadas pola CSADR respecto do financiamento de programas de control e erradicación de pragas, vanse repartir 8.930.292 euros, que priorizarán o combate daquelas enfermidades con maior impacto nas producións vexetais ou o comercio.
Para sanidade animal asígnanse 8.193.286 euros a programas estatais de erradicación de enfermidades. As medidas inclúen as indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais positivos en doenzas suxeitas a erradicación como tuberculose, encefalopatía esponxiforme transmisible ou salmonelose, así como a programas de vixilancia e repoboación de explotacións sometidas a baleirado sanitario por sacrificio obrigatorio.
O relevo xeracional e a postura da Xunta de Galicia
Luis Planas explicou os conselleiros autonómicos o documento con medidas para favorecer o relevo xeracional asegurando que se trata dun reto complexo e urxente que precisa do compromiso de todas as administracións e do sector. O xeito máis acaido para conseguir o relevo, dixo, é asegurar a rendibilidade das explotacións para que a actividade resulte atractiva.
O documento inclúe propostas en distintos ámbitos como a mellora de acceso á terra e ao crédito aos mozos, formación para reforzar as capacidades, flexibilización e optimización das axudas públicas específicas, pulo da dixitalización, fomento do prestixio social da profesión agraria e outras actuacións transversais. Estas propostas serán a aportación de España á estratexia europea de relevo xeracional que a Comisión Europea presentará en outono.

A conselleira do Medio Rural participou na xuntanza telemá
A conselleira do Medio Rural da Xunta de Galicia, María José Gómez, lembrou na conferencia, no marco das accións desenvolvidas e propostas polo MAPA a prol da remuda xeracional, a idoneidade de contar cunha dotación de fondos específica dentro da PAC para levar a cabo, desde as comunidades autónomas, máis medidas que camiñen neste mesmo obxectivo. Gómez destacou que Galicia mantén un traballo de colaboración co Ministerio á hora de abordar esta cuestión e, do mesmo xeito, agárdase que a vindeira estratexia europea sobre este ámbito marque prioridades de cara aos próximos anos que se poidan replicar desde as comunidades.
A conselleira quixo salientar os pasos que se están a dar en Galicia no eido da remuda, entre os que destacou as axudas para incorporación de mozos ao agro e plans de mellora. A convocatoria destas achegas neste exercicio permanece aberta (ata finais de xullo) e conta cun orzamento de 36 millóns de euros. Os mozos interesados poderán acceder a axudas dun máximo de 320.000 euros para incorporarse ao agro e mellorar a súa explotación.
Gómez lembrou que tamén se puxo en marcha o Banco de Explotacións, como instrumento para poñer en contacto aos propietarios que deixan unha explotación e a cidadáns interesados en poñerse á fronte, ben sexan novos activos ou ben profesionais que xa están traballando. Esta ferramenta irá acompañada dunha liña de axudas de 2,1 millóns de euros no período 2025-2029 para favorecer a cesión destas explotacións.
Galego









Control OJD