Galicia recibirá 7,4 millóns de euros para xestión de puríns, enerxías renovables e agricultura de precisión

A Conferencia Sectorial de Agricultura acorda a repartición de máis de 145 millóns de euros para medidas de desenvolvemento rural e dixitalización. Entre as transferencias ás comunidades autónomas acordadas, 115,3 millóns de euros corresponden ás primeiras axudas incluídas no Plan de Recuperación trala pandemia

El ministro de Agricultura, Luis Planas, informando del reparto de fondos tras la Conferencia Sectorial

O ministro de Agricultura, Luis Planas, informando do reparto de fondos trala Conferencia Sectorial

A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural acordou este xoves a distribución territorial entre as distintas comunidades autónomas dun total de 145.048.752,72 euros que se corresponden con distintos programas de actuación para impulsar a sustentabilidade ambiental e a competitividade do sector agrícola e gandeiro (115,3 millóns de euros) e para o cofinanciamento de programas de desenvolvemento rural (29,6 millóns de euros).

O montante principal, 115.358.752,72 euros, está constituído por fondos procedentes do marco europeo de recuperación e será destinado á concesión de axudas a proxectos de “transformación ambiental e dixital do sector agroalimentario e pesqueiro”, integrados no Compoñente 3 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia ( PRTR) que xestiona o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

Trátase da primeira distribución de fondos europeos post-covid entre as comunidades autónomas

O ministro, Luís Planas, destacou que se trata da primeira distribución de fondos que se realiza entre os distintos territorios para as actuacións contempladas neste plan, que debe servir de impulso e modernización para ao sector agroalimentario.

“A mobilización dun volume tan importante de recursos abre unha oportunidade extraordinaria para o sector agrícola e gandeiro, que permitirá non só a superación da crise e a recuperación do emprego, senón que facilitará a modernización do sector primario, co obxectivo de que dita recuperación sexa verde, dixital, inclusiva e social”, destaca o Ministerio nunha nota de prensa.

cuadro resumen fondos conferencia sectorial Ministerio octubre 2021 por Comunidades Autonomas

151.000 euros máis para saneamiento

Por outra banda, a Conferencia Sectorial acordou igualmente que o MAPA transfira 151.659,67 euros á comunidade autónoma de Galicia dos fondos do programa estatal para a erradicación de enfermidades animais porque na distribución aprobada o pasado 20 de maio produciuse un erro no cálculo da asignación que lle correspondía. Igualmente aprobouse o pago de 21.667,5 euros á comunidade de Andalucía, que é a parte que corresponde ao MAPA para cumprir unha sentenza do contencioso administrativo sobre incremento de axudas ao oliveiral por unhas xeadas producidas no inverno de 2005 (a outra metade débea achegar a Junta de Andalucía).

Agricultura de precisión, eficiencia enerxética e economía circular

cuadro resumen fondos Ministerio por Comunidades Autonomas

O Consello de Ministros autorizou na súa última sesión, o martes día 19, a distribución territorial dos fondos de recuperación tras a covid-19 (145 millóns de euros), que á súa vez se divide en dúas partidas. A máis cuantiosa delas, de 102.758.752,72 euros, está destinada ao apoio a investimentos en agricultura de precisión, eficiencia enerxética e economía circular no sector agrícola e gandeiro. Os outros 12.600.000 euros empregaranse no financiamento de proxectos no ámbito da sanidade animal e vexetal que reforcen os sistemas de capacitación e bioseguridade en viveiros e centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte terrestre de animais.

Os 102.758.752,72 euros distribuídos neste capítulo principal correspóndense coa anualidade de 2021 do citado plan de investimento para promover a agricultura de precisión, que ten prevista unha dotación total de 307 millóns de euros ata o ano 2023.

A medida inclúe catro programas: investimentos en sistema de xestión de estercos en gandería (27.750.896 euros), transformación integral e modernización de invernadoiros (40.218.690,72 euros), investimentos en eficiencia enerxética e enerxías renovables (incluíndo biomasa e biogás) (8.345.378 euros) e aplicación de agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0 no sector agrícola e gandeiro (26.443.788 euros).

As axudas financiarán actuacións de carácter ambiental e de dixitalización en 5.000 explotacións ata 2026

Así, o obxectivo destas axudas é o de mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social, en explotacións agropecuarias, que executarán antes do segundo trimestre de 2026 proxectos relacionados coa agricultura de precisión, a eficiencia enerxética, a economía circular e o uso de enerxías renovables.

Luís Planas sinalou que esta medida trata de chegar polo menos a 5.000 explotacións para que executen proxectos relacionados coa agricultura de precisión, a eficiencia enerxética, a economía circular e o uso de enerxías renovables.

Aproveitamento de xurros e instalación de enerxías renovables

En materia de economía circular, inclúense investimentos para a xestión, provisión e acondicionamento de biomasa de orixe agrícola e tamén as destinadas á valorización enerxética das dexeccións na gandería. Para favorecer o uso de enerxías renovables, incentívase a substitución de sistemas de xeración de enerxía a partir de combustibles fósiles ou a instalación de sistemas de abastecemento con fontes renovables presten apoio ás necesidades enerxéticas eléctricas e térmicas das explotacións e as súas instalacións.

As axudas promoverán o uso de plantas de biogás e a valorización enerxética das dexeccións na gandería

Na eficiencia enerxética contémplanse, entre outras actuacións, o acondicionamento e illamento de edificios, e naves auxiliares das explotacións, ou os sistemas de climatización e ventilación que optimicen e o consumo enerxético das explotacións.

 

Plan específico para invernadoiros

O programa de apoio para a transformación integral e modernización de invernadoiros consta dun conxunto de actuacións que inclúen tanto investimentos de tipo produtivo para a mellora estrutural e da eficiencia enerxética, como tamén de tipo non produtivo para impulsar a transición cara a modelos ambientais máis sostibles.

A agricultura de precisión inclúe os sistemas de xeolocalización e navegación por satélite (GNSS), a recollida de datos en tempo real mediante sensores e imaxes por satélite e aerotransportadas, sistemas de información xeográfica (SIG), cartografía, comunicación e conectividade.

A agricultura de precisión inclúe os sistemas de xeolocalización e navegación por satélite

Así, as actuacións previstas neste programa abarcan un amplo abanico de equipos, dispositivos e aplicacións software con alcance tecnolóxico diverso, que poden combinarse en proxectos de investimento dirixidos á consecución duns obxectivos concretos de sustentabilidade nas explotacións.

Bioseguridade en Sanidade Animal e Vegetal

cuadro resumen fondos Ministerio por Comunidades Autonomas sanidad animal y vegetal

O obxectivo deste investimento é reforzar as condicións de bioseguridade como elemento determinante para a prevención da propagación de enfermidades animais ou pragas e organismos nocivos dos vexetais. A anualidade de 2021 distribuída hoxe (12.600.000 euros) completarase nos dous exercicios seguintes ata un total de 38 millóns de euros.

Dentro deste capítulo contémplanse dúas liñas de investimentos, para a mellora dos centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando ou a creación de novos centros (6,3 millóns de euros), e para instalacións de protección en invernadoiros fronte a insectos vectores (6,3 millóns de euros). Prevese a actuación en polo menos 465 instalacións.

Aportación adicional de 29 millóns de euros para desenvolvemento rural na anualidade 2021

cuadro resumen fondos Ministerio por Comunidades Autonomas desarrollo rural

A Conferencia Sectorial acordou tamén a distribución territorial de 29.690.000 euros de achega adicional da Administración Xeral do Estado durante a anualidade 2021 destinada ao cofinanciamento dos programas de desenvolvemento rural das comunidades autónomas, que foron prorrogados ata o ano 2022 en virtude do regulamento de transición da PAC.

Esta achega é complementaria á realizada en abril, por importe de 104 millóns de euros

Esta achega é complementaria á xa realizada na conferencia sectorial do pasado mes de abril por importe de 104,1 millóns de euros. Con esta achega adicional, o Goberno contribúe a cumprir co compromiso de cofinanciamento das medidas e intervencións de desenvolvemento rural durante o período 2021-2027.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información