
O Ministerio de Agricultura vai abonar 494,5 millóns de euros en axudas para a compra de fertilizantes a 249.000 explotacións agrícolas de todo o estado. A Galicia vanse destinar 3.024.944 euros, é decir, o 0,6% do total.
Castela León, con 32.893 beneficiarios e 117.030.035 euros en axudas, encabeza o listado. Os produtores castelán-leoneses reciben así o 23,6% do total das subvencións. En segundo lugar sitúase Andalucía, con 87.674 beneficiarios e 112.926.040 euros.
No prego de condicións para a axuda á compra de fertilizantes non se incluían as praderías de uso gandeiro. Por eso, os miles de hectáreas de pastos herbáceos que se cultivan en Galicia para alimentación, sobre todo, de gando vacún quedaron excluidas.
O Ministerio desenvolveu estas axudas a raíz do encarecemento dos fertilizantes derivado da guerra en Irán e o bloqueo do estreito de Ormuz. As axudas son de 92,5 € por hectárea para regadío e de 38,33 € para secano, excepto para pastos temporais e permanentes.
A primeira lista de beneficiarios foi publicada o pasado 6 de xullo. Daquela, os agricultores tiveron que manifestar a súa aceptación expresa no prazo de 20 días previstos para o trámite. Dende o Ministerio prevén que os ingresos na contas dos beneficiarios se realicen na primeira semana de setembro.
A día de hoxe hai outros 9.362 solicitantes pendentes de resolver cuestións burocráticas para poder percibir a axuda. Da lista publicada o 6 de xullo, 1.290 agricultores comunicaron a súa renuncia á axuda.
Nas vindeiras semanas vanse publicar novos listados de beneficiarios. Dende o Ministerio sinalan que “a axuda para a compra de fertilizantes é unha das medidas incluídas no Plan Integral de Resposta á Crise de Oriente Medio aprobado polo Goberno o pasado 20 de marzo mediante o Real Decreto-lei 7/2026, cun orzamento de inicial de 500 millóns de euros.”

No segundo Real Decreto-lei 18/2026, de medidas de apoio aprobado polo Consello de Ministros o pasado 29 de xuño, ampliouse dita cantidade en 165 millóns de euros, hasta un total de 665 millóns. En dito Consello de Ministros incrementáronse as contías da axuda para facer fronte ao encarecemento dos fertilizantes ata 92,5 euros por hectárea para os cultivos de regadío e 38,33 para os de secano.
Os responsables ministeriais lembran que “os fertilizantes son unha das materias primas que máis se encareceron a causa do conflicto bélico, polo que esta medida busca paliar o impacto de dito incremento nas explotacións agrarias. O obxectivo é que os agricultores poidan aplicar uns niveis adecuados de fertilización, que son imprescindibles para manter o volume da produción agrícola, sen que supoña un elevado sobrecoste e non repercuta nun encarecemento dos alimentos.”
Pódense consultar os datos completos das axudas neste ENLACE
Galego








Control OJD