Galicia promociona por primeira vez de forma conxunta os seus viños, augardentes e licores en Vinexpo-París

Publicidade
Galicia promociona por primeira vez de forma conxunta os seus viños, augardentes e licores en Vinexpo-París

Un total de 100 adegas galegas e 10 empresas comercializadoras de augardentes e licores tradicionais, con máis de 130 referencias de viños brancos e tintos e destilados, danse a coñecer estes días en Vinexpo, en París, na primeira acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das II.XX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA). Trátase da primeira vez que os viños e licores autóctonos galegos, amparados baixo diversos selos de calidade, promociónanse de forma conxunta no exterior.

Para Juan Gil de Araujo, presidente de ACRUAGA, a habilitación en Vinexpo dun espazo expositor común ao seis consellos reguladores, posto en marcha co apoio do Igape, permitirá “crear sinerxías” entre os diferentes territorios amparados e apoiar “a internacionalización das nosas adegas e destilerías”. 2Pensamos que colaborando e acometendo diversas accións de formación e, de promoción, de forma conxunta, conseguiremos conquistar novos mercados e afrontar o reto da internacionalización2, explica o presidente de ACRUAGA.

Vinexpo

Vinexpo, o evento estrela do grupo Vinexposium constitúe o primeiro gran encontro vinícola internacional do ano. O sector do viño e as bebidas espirituosas, que non se reunía en París desde hai case dous anos, recibiu este ano con gran expectación Wine Paris & Vinexpo Paris, que conta con 2.800 expositores de 32 países durante tres días.

España ocupa o terceiro lugar detrás de Francia e Italia, cun aumento da participación de todas as autonomías que participan neste gran evento dedicado á exportación, en particular Castela e León, Galicia e Castela A Mancha.

Sobre ACRUAGA

Hai uns meses, creouse a Asociación de Consellos Reguladores do Viño Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) para dar cobertura a un convenio de colaboración subscrito co IGAPE co obxectivo de promocionar internacionalmente os viños e destilados amparados baixos os selos de calidade diferenciada de Galicia.

Unha entidade que impulsará accións de formación e difusión dos produtos amparados polo seis organismos integrados na iniciativa: os consellos reguladores de Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, O Ribeiro e Valdeorras -no caso dos viños- e Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Ademais de Vinexpo, os membros de Acruaga estudan participar no mes de xuño na London Wine Fair, a fería vinícola máis relevante de cantas celébranse en Reino Unido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información