Galicia multiplica a valor das exportacións do seu viño con menos superficie de viñedo

O incremento das ventas a outros países dos viños comercializados baixo a Denominación de Orixe permitiu que o sector facturase unha media anual de entre 45 e 50 millóns de euros polas exportacións dos seus viños

Publicidade
Galicia multiplica a valor das exportacións do seu viño con menos superficie de viñedo

Nos últimos anos, Galicia veu reducida tanto a superficie de viñedo como a súa produción de viño pero, pese a iso, o sector conseguiu multiplicar o valor das exportacións dos seus viños.

A facturación media anual das exportacións de viños galegos situouse entre os 45 e 50 millóns de euros, segundo os datos que presentou a Federación Española del Vino na súa asemblea xeral celebrada en Santiago onde fixo un repaso da evolución do sector dende o ano 2000 ata ó día de hoxe.

Galicia reduciu preto dun 18% a superficie de viñedo dende o ano 2000 no que contaba con máis de 30.000 hectáreas ata situarse no 2017 por debaixo das 26.000 hectareas. A tendencia foi parella en canto á produción de viño e mosto, e aínda que conseguiu ser máis regular dende o ano 2012, tamén tendeu a diminuír situándose en torno ó medio millón de hectolitros ó ano.

Pese a iso, o sector logrou nas exportacións “un extraordinario crecemento en canto ós prezos medios e ó posicionamento dos viños” como apuntaron dende a Federación. Dende o ano 2000 conseguiuse un incremento dun 7,5% de media anual e cun notable aumento do prezo no ano 2018 cando se acadaron os 2,21 euros por litro de media.

Evolución das exportacións de viño de Galicia.

Evolución das exportacións de viño de Galicia.

De feito, este incremento do valor das exportacións conseguiuse a pesar das importantes variacións do volume de viño exportado nos últimos anos. Precisamente no 2018 produciuse unha caída relevante, pasando dos 28,6 millóns de litros exportados no 2017 ós 20,4 millóns de litros, segundo os datos manexados pola Federación.

Incremento das exportacións de viños das DO

O aumento da facturación das exportacións dos viños galegos debeuse, en gran medida, á mellora das ventas de viños envasados baixo as Denominacións de Orixe. As ventas destes viños medraron a unha media anual do 11,4% dende os 4 millóns de euros que rexistraban no ano 2000 ata acadar os 28 millóns nos últimos anos. Así, dende o comezo da década constatouse un incremento paulatino e constante das exportacións dos viños de DO. Ademais, tamén se incrementaron as exportacións doutros viños envasados, que subiron nestes anos dos 8 ós 14 millóns de euros.

As exportacións de viños con DO supuxeron 28 millóns de euros nos últimos anos

Pola contra, o viño a granel procente de Galicia que se vendía a outros países reduciuse nos últimos anos logo de rexistrar picos nos que lograra conseguir unha facturación máxima de case15 millóns de euros, alcanzados no ano 2007. Pero, dende ese ano a exportación destes viños foi decaendo ata supoñer ó 2 millóns de euros que representou no 2018.

Cambios nos mercados

Ó longo destes anos, as exportacións foron diversificándose e ampliando o abano de países ós que se dirixen. Os principais destinos dos viños galegos hoxe en día son Estados Unidos, o Reino Unido, China e Canadá onde as ventas sumaron 19,6 millóns no 2018. Norteamérica, que xa no 2000 era un dos principais mercados para os viños galegos, continúa afianzándose e as ventas no pasado ano alcanzaron os 14 millóns de euros.

Pola contra, noutros países como Angola e Portugal caeron as exportacións dos viños galegos reducíndose nestes anos en 8,5 millóns de euros as ventas nestas rexións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información