Galicia lidera o repunte da produción de leite en abril, malia a baixada de prezos

Os prezos do leite en España baixaron en orixe en 3,5 céntimos por litro en abril, o que non impediu que a produción volvese incrementarse, tras varios meses de baixadas interanuais. Así se recolle no informe do Ministerio de Agricultura de entregas do sector lácteo.

En canto aos prezos a media en España foi de 0,56 euros o litro, o que supón unha baixada de 3,5 céntimos por litro respecto a marzo. En Galicia a media foi de 0,533 euros o litro, cun descenso maior con respecto ao mes anterior (0,585).

O dato máis salientable é o incremento da produción interanual, tras encadenar varios meses consecutivos de baixadas: No conxunto de España as entregas ascenderon en abril a 635655 toneladas, un 0,65 % máis que no mesmo mes do ano pasado . En Galicia a suba interanual da produción foi do 1,56%, con 256568 toneladas de leite entregadas en abril fronte ás 252619 do mesmo mes de 2022.

PREZOS LEITE ABRIL 23 FEGA

Se miramos o dato acumulado de xaneiro a abril, en España a produción de leite nese período caeu un 0,88% respecto ao mesmo periodo do ano pasado, mentres que en Galicia mantívose estancada (un -0,04%).

En canto ás calidades do leite en abril foron dunha media en España de 3,76% de graxa e de 3,36% en proteína. Galicia continúa líder, xunto con Asturias, en sólidos do leite un mes máis a nivel estatal, cun 3,85% de graxa e cun 3,38% de proteína.

En leite ecolóxico, as cotizacións medias no campo foron en abril de 0,646 euros o litro, en tanto en Galicia foron de 0,614.

Descarga aquí o informe do FEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información