Galicia incrementou a produción de leite un 2,9% no primeiro semestre, case o dobre que o resto de España

Galicia incrementou a súa produción de leite de vaca no primeiro semestre do ano un 2,9% en relación ao mesmo período do ano pasado, ata as 1.558.992 toneladas, case o dobre que o resto de España, que o fixo nun 1,77%, ata as 3.836. 900 toneladas. Así se recolle no informe do Ministerio de Agricultura de entregas do sector lácteo correspondente ao mes de xuño

No conxunto do Estado as entregas nese mes foron 626668 toneladas, cunha caída con respeto a maio, como ven sendo habitual, pero superiores ao mesmo mes de 2023 (614700 toneladas). En Galicia as entregas de leite en maio á industria foron 260.390 toneladas, case 10.000 máis que no mesmo mes do ano pasado.

Polo que respecta ao prezo medio en España en xuño foi de 0,478 euros o litro, cunha leve baixada respeto aos 0,484 de maio, mentres que en Galicia a media foi de 0,456 euros o litro, unha caída similar en relación aos 0,459 de maio.

PREZOS LEITE FEGA 24 XUÑO

En canto ás calidades do leite en xuño foron dunha media en España de 3,66 de graxa e de 3,32 en proteína. Galicia continúa por riba en sólidos do leite, cun 3,74 de graxa e cun 3,36 de proteína.

En leite ecolóxico, as cotizacións medias no campo tamén baixaron en xuño: 0,603 euros o litro no conxunto do Estado, en tanto en Galicia foron de 0,593.

Descarga aquí o informe do FEGA

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información