A Consellería do Medio Rural vén de analizar os datos do sector porcino en Galicia con motivo do peche do exercicio 2017 e deles despréndese unha mellora cuantitativa no sector. Así, o número de granxas creceu en 136 ao pasar de 27.989 en xaneiro do ano pasado a 28.125 en decembro.
Ademais, o incremento rexístrase en todo o territorio. Así, en Lugo, a provincia con maior peso no sector, pasouse de 14.585 explotacións a 14.628. Na Coruña, aumentaron de 3.975 a 4.023, en Ourense de 2.972 a 2.997 e en Pontevedra chegáronse ás 6.477 cando a primeiros de ano había 6.457 granxas rexistradas.
Respecto ao número de cabezas, tamén medra. En Galicia existen a día de hoxe máis dun millón de cabezas de gando porcino (1.062.407) entre reprodutoras, verróns e leitóns, case 24.000 máis que o ano anterior.
Consolídase a tendencia de Galicia como produtora porcina de cebo de animais
Aínda que non hai grandes diferenzas no balance anual, no 2017 consolidouse a aposta polas granxas de cebo e de produción de ciclo pechado ou mixto en lugar de polas femias reprodutoras, unha tendencia constante na última década e que orienta ao sector cara unha produción porcina de cebo de animais.
En concreto, por tipoloxía os animais distribúense do seguinte xeito:
-
DATOS CENSOS ANIMAIS PORCINO GALICIA
GALICIA 2017
Prazas reprodutoras granxas industriais
9.3406
Prazas cebo granxas industriais
851.059
Prazas reprodutoras en granxas de selección e multiplicación
9.131
Prazas verróns en centros de inseminacion
278
Prazas reprodutoras en granxas de recría reprodutoras
29.565
Prazas leitóns en granxas de transición de leitóns
78.968
Total
1.062.407