O prezo medio da terra para uso agrario en España situouse en 2024 en 10.248 euros por hectárea, o que supón un aumento do 2,8 % en prezos correntes e do 0,5 % en prezos constantes con respecto ao ano anterior, segundo os datos provisionais da Enquisa sobre Prezos da Terra de Cultivo, publicado na páxina web do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. En Galicia o prezo medio por hectárea situouse en 19.335 euros por hectárea, un 4,21% máis que o ano anterior.
Este dato consolida a tendencia crecente dos últimos anos, cunha variación acumulada do 13,8 % desde 2020.
Galicia e Baleares, onde máis sobe

Por comunidades autónomas, Canarias mantense como a comunidade co prezo máis elevado máis elevado, 148.415 euros por hectárea (€/ha), debido ao alto valor do chan destinado a bananeiras, seguida da Región de Murcia (33.180 €/ha). No extremo oposto, os prezos máis baixos localízanse en zonas de cereal de secaño de Castela e León (5.115 €/ha) e Aragón (5.175 €/ha).
En canto a tipos de cultivo, os maiores incrementos en 2024 rexistráronse nos froitos secos de secaño (6,7 %), aínda que parten dun nivel de prezo medio máis baixo (7.261 €/ha). Outros incrementos significativos son os prezos dos cultivos de arroz (5,1 %), cultivos baixo plástico e de tropicais e subtropicales (4,7 %) e das bananeiras (2,8 %).
Pola contra, o prezo do viñedo de regadío descendeu o -5,7 %. Tamén descendeu, aínda que máis lixeiramente o prezo dos cultivos de horta (-1,9 %).

En 2024 analizáronse un total de 70.727 rexistros de transaccións de compravenda E no acumulado 2022-2024 suman un total de 218.745 operacións. Os datos proceden da Dirección Xeral de Catastro a partir das compravendas inmobiliarias comunicadas polos fedatarios públicos – excepto no caso de País Vasco e a Comunidade Foral de Navarra-, o que dota aos datos de robustez metodolóxica.
Galego






Control OJD