Galicia, entre as poucas comunidades nas que baixou o prezo do leite en agosto

As entregas de leite de vaca en España caeron no mes de agosto respecto ao ano pasado, nunha situación de estabilidade dos prezos no campo, agás en Galicia, que foi unha das poucas comunidades nas que baixaron as cotizacións e aumentaron as entregas.

Así se recolle no último informe do Ministerio de Agricultura correspondente ao mes de agosto e que foi feito público este martes.

En concreto, no conxunto de España a produción de leite en agosto ascendeu a 598016 toneladas, cun descenso do 0,6% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Pola contra, en agosto as ganderías galegas produciron 254798 toneladas de leite, cifra superior ao mesmo mes de 2023 (251805 toneladas).

En canto aos prezos en orixe, situáronse en España nunha media de 0,473 euros o litro, o mesmo que en xullo, mentres que en Galicia a media foi de 0,448 euros o litro, por debaixo do mes precedente (0,469 euros), coincidindo coa entrada en vigor dos novos contratos do leite. De feito, Galicia foi xunto con Cantabria a única gran produtora na que baixaron os prezos, mentres que en Castela e León (0,485) e Asturias (0,505 euros o litro) se mantiveron e en Andalucía (0,497), e sobre todo en Cataluña (0,498), subiron.

PREZOS LEITE AGOSTO 24

Polo que respecta ás calidades, a media española do leite entregado en agosto foi do 3,66% de graxa e do 3,29% de proteína, mentres que en Galicia a porcentaxe de sólidos foi superior non só en materia graxa (3,71%), senón tamén a nivel proteico (3,29%).

Por último, en canto ao leite ecolóxico o prezo medio en agosto foi de 0,598 euros o litro en España e de 0,589 en Galicia.

Descarga aquí o informe completo do FEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información