‘Galicia Emprende Rural’ achegará axudas a 70 proxectos de autónomos e emprendedores

Unha liña de axudas que outorgará un total de 2 millóns de euros a novas iniciativas empresariais posibilitado a creación duns 200 empregos no medio rural. Trátase de actividades industriais a desenvolver no medio rural e vencelladas a sectores como o medioambiental, TIC, prestación de servizos de enxeñería, arquitectura, veterinaria ou artesanía e comercio

‘Galicia Emprende Rural’ achegará axudas a 70 proxectos de autónomos e emprendedores

'Galicia Emprende Rural' deixará 2 millóns de euros en axudas para emprendemento non agrícola no rural

A Consellería de Economía activa unha nova edición do programa ‘Galicia Emprende Rural’ que concederá 2 millóns de euros en axudas ao emprendemento no rural. A súa finalidade é estimular o tecido empresarial galego, fomentando a xeración de emprego mediante o apoio á creación de proxectos vinculados a actividades non agrícolas en zonas rurais. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o 4 de xaneiro ata o vindeiro 8 de marzo.

Esta liña, desenvolvida polo Igape e cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), busca impulsar figuran as de sectores como automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, TIC, audiovisual, pedra natural e industrias creativas, entre outras.

O importe das axudas mínimas concedidas por beneficiario é de 20.000 euros e o das máximas é de 45.000. Os investidores que se acollan a esta liña de apoios desenvolverán os seus plans empresariais de negocio en 18 meses e recibirán un adianto do 60% da axuda concedida, logo da notificación da resolución e a acreditación de dito plan.

Tamén está previsto lanzar unha nova convocatoria no primeiro trimestre de 2022 que contará cun total de 11 espazos nas catro provincias galegas no eido da rede de ‘coworking’. Desde o seu inicio en 2016, xa tivo 900 participantes que crearon 380 novas empresas. A finalidade é o emprendemento desde a formación, o asesoramento e o acompañamento a empresas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información