Galicia convértese na capital da seguridade alimentaria animal

O Foro Derio, formado polo seis sistemas de control de pensos compostos de España, celebra en Galicia o seu encontro anual. Galicia, Cataluña, País Vasco, Castela e León, Murcia e Andalucía son as únicas comunidades autónomas que dispoñen de mecanismos de autocontrol promovidos polo propio sector para extremar a calidade da cadea alimentaria

Galicia convértese na capital da seguridade alimentaria animal

O Foro Derio visitando o Porto Exterior da Coruña

O Foro Derio, integrado polos representantes do seis sistemas territoriais de seguridade alimentaria animal que existen en España, celebrou esta semana na sede da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos, no porto da Coruña, a súa reunión anual sobre o control e calidade das materias primas que se utilizan na fabricación de pensos compostos para animais.

Galicia, Cataluña, Castela e León, País Vasco, Murcia e Andalucía dan forma a este grupo de traballo creado pola propia industria alimentaria para extremar aínda máis os controis que xa establecen as administracións en todo o proceso da cadea.

Nas xornadas de traballo da Coruña, os representantes dos sistemas de Galicia (Sistema Galis), Cataluña (Qualimac), País Vasco (Aplika Epea), Castela e León (Segacyl), Murcia (Piensa Q) e o recentemente incorporado sistema andaluz (Sicalia) analizaron durante dous días os últimos avances en materia de I+D+i en materia de seguridade alimentaria e compartiron experiencias e os métodos de traballo utilizados por cada un dos sistemas.

Así mesmo, unha representante da Asociación Portuguesa de Pensos (IACA) e do seu sistema (Qualiaca) tamén participou no encontro, dentro da liña de estreita colaboración que a industria de alimentación animal mantén con Portugal.

Visitas ao Porto Exterior e GrandAgro 2019

“O noso obxectivo é establecer, e sobre todo unificar, criterios obxectivos de calidade das materias primas para estar cada vez máis coordinados porque unha maior información sempre redundará nun maior control”, explicou esta mañá Bruno Beade, director de Agafac, tras a clausura do foro.

Así mesmo, no encontro marcáronse as bases da II Fase do Grupo E-Pienso, creado o pasado ano en Madrid, en colaboración con outras entidades do sector, co obxectivo de desenvolver unha plataforma tecnolóxica para a xestión conxunta da seguridade alimentaria na nutrición animal.

Finalizadas as mesas de traballo, a delegación do Foro Derio visitou o Porto Exterior e a Feira GrandAgro 2019.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información