Galicia comeza o 2025 cun incremento na produción de leite e unha leve suba nos prezos

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de xaneiro no que se confirma o incremento da produción con respecto ao mesmo mes de 2024, no caso de Galicia, non no resto de España, e tamén unha leve suba de prezos con respecto a decembro. O ano comeza con 9326 explotacións de vacún con entregas de leite no conxunto de España, das que 5212 son galegas.

Así, a media foi de 0,495 euros o litro a nivel estatal -en decembro foi de 0,494- mentres que en Galicia o prezo medio foi de 0,473 euros o litro, fronte aos 0,472 de decembro. É dicir, a diferenza de prezo de leite sen corrixir é de 2,1 céntimos.

Captura de pantalla 2025-03-05 223726

Polo que respecta á produción, as entregas en xaneiro no conxunto de España ascenderon a 624.323 toneladas, cunha baixada do 0,78% respecto ao mesmo mes de 2024.

En Galicia as entregas en xaneiro foron de 257.325 toneladas, un 0,84% máis en relación ao mesmo mes do ano pasado.

Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en xaneiro situouse no conxunto do Estado no 3,94 % de graxa e 3,43 % de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores, na graxa, cun 3, 99%, mentres que na proteína os valores medios foron de 3,42%.

O prezo do leite ecolóxico baixou lixeiramente en xaneiro: 0,618 euros o litro na media de España (0,619 en decembro) e en Galicia a caída do prezo medio foi maior: 0,610 euros, fronte aos 0,613 de decembro.

Descarga aquí o informe completo do FEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información