A Galicia baleirada a debate o día 27 de setembro en Viana do Bolo

Publicidade
A Galicia baleirada a debate o día 27 de setembro en Viana do Bolo

Aldea en proceso de abandono na montaña ourensá

Data inicio: 27/09/2019
Data fin: 27/09/2019
Lugar: Concello de Viana Do Bolo, Rúa Constitución, Viana do Bolo, España

E o despoboamento unha causa ou un efecto? Cal é a situación en Galicia? Existen alternativas ou debemos afacernos a esta realidade? Estas son algunhas das inquedanzas que se tratarán de responder na xornada “A Galicia Baleirada”, que terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello en Viana do Bolo (Ourense) o venres 27 de setembro. A xornada é de carácter gratuíto e está aberta a todo o público interesado.

A rede REVOLTA, composta por oito grupos de investigación, xunta a 15 investigadores/as e unha poeta co obxectivo de afondar nunha preocupación social cunhas dimensións transcendentais para o futuro de Galiza.

Velaquí o programa da xornada, que conta coa colaboración do Concello de Viana do Bolo:

-9:00- 9:30 BENVIDA: Lourenzo Fernández Prieto e Secundino Fernández

-9:30- 11:30 MESA DIAGNOSE.
“A situación demográfica actual”, por_Edelmiro López Iglesias
“A demografía dende a historia”, por_Isidro Dubert
“O rural morre cando se van as mulleres”, por_Alba Díaz Geada
“Persoas e usos do territorio”, por_Eduardo Corbelle

11:30 – 12:00 CAFÉ E POESÍA_de Nieves Fernández Vidueira

12:00- 14:00 MESA SOBRE ALTERNATIVAS_
“Cara unha transición agroecolóxica (aprendizaxes do pasado)”, por_David Soto
“As políticas agrarias e o despoboamento”, por_Mar Pérez Fra
“Usos que non necesitan xente”, por_Emilio Carral e Teresa Rodríguez
“O rural non baleirado”, a cargo de_Xavier Simón

14:00 – 14:30 DEBATE E CONCLUSIÓNS

Descarga aquí o programa completo da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información