Galicia, Asturias, Andalucía e Cataluña, as comunidades nas que máis medrou a produción de leite de vaca

terra e leite 2020 2A Asociación Galega Terra e Leite ven de publicar o seu “Informe de entregas e prezos do leite en Galicia e España” correspondente a decembro de 2020, no que tamén fai unha análise da evolución ao longo do pasado ano.

O documento, elaborado partindo da información publicada polo FEGA e do Milk Market Observatory (Historical EU Prices of raw milk), conclúe que as entregas no ano 2020 medraron no conxunto de España en 152.188 toneladas, o que supón un incremento do 2,12% respecto ao ano 2019.

Ao igual que nos catro anos anteriores, en Galicia seguen aumentando as entregas a un ritmo superior que a media nacional (+3,57%, +99.514 ton), o que fai que o represente o 39,4% da produción nacional. Nas outras catro comunidades españolas cunha maior produción, produciuse un incremento notable en Andalucía (+2,78%, +15.645 ton), Cataluña (+1,82%, +13.501 ton) e Asturias (+2,34%, +13.039 ton), mentres que Castela e León diminuíu as súas entregas (-0,58%, -5.420 ton).

terra e leite 2020 1

Evolución dos prezos

O prezo medio pagado aos produtores no ano 2020 aumentou de forma máis notable en Galicia (+2,22%, +0,70 c/L) que en España (1,32% +0,43 c/L) respecto aos prezos medios rexistrados no ano 2019.

A estandarización do leite en España (4,0% de graxa e 3,3% de proteína) continúa amosando un diferencial de prezos máis grande entre Galicia e o resto de comunidades autónomas que o que se observa unicamente co prezo real. A media estatal é de 34,3 c/L, que aumenta ata 35,1 c/L se non se ten en conta a produción de Galicia, onde se sitúa o prezo en 33,0 c/L.

terra e leite 2020 3

Consulta aquí o informe completo da Asociación Galega Terra e Leite

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información