Galicia acollerá en marzo a feira de produtos ecolóxicos máis importante de España

Publicidade
Galicia acollerá en marzo a feira de produtos ecolóxicos máis importante de España
Data inicio: 02/03/2018
Data fin: 04/03/2018
Lugar: EXPOCoruña, A Coruña, España

Biocultura, a feira internacional de produtos ecolóxicos e consumo responsable máis importante do estado español celebrarase este ano na Coruña, onde reunirá a máis de 200 expositores os días 2, 3 e 4 de marzo no espazo EXPOCoruña.

Máis de 15.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica forman o maior sector da feira, acompañado doutros sectores como son produtos para a hixiene e a cosmética con ingredientes certificados; téxtil orgánico; ecomateriais, mobles e decoración para a vivenda; enerxías renovables; terapias e medicamentos complementarios; aforro e reciclaxe; ecoloxía; medio ambiente; turismo rural e casas de repouso; xoguetes; artesanías; música; libros e revistas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *