Galicia é a segunda comunidade na que máis medra a venda de tractores novos

John Deere e New Holland manteñen os primeiros postos na venda de tractores novos. Galicia liderou o pasado ano o mercado español de tractores usados e foi a segunda na que máis aumentou a venda de novos.

Publicidade
Galicia é a segunda comunidade na que máis medra a venda de tractores novos

John Deere liderou as vendas en 2014.

En 2014, e por primeira vez dende o ano 2007, o mercado de maquinaria agrícola nova experimentou unha suba tanto en Galicia como en España.

En total, e segundo os datos do MAGRAMA, en Galicia vendéronse o pasado ano un total de 725 tractores novos, un 28% máis que en 2013, o que a converte na sexta comunidade do Estado por número de vendas e na segunda por incremento porcentual, só por detrás de La Rioja.

No conxunto do Estado, as vendas de tractores novos ascenderon a un total de 9.771 unidades, un 13% máis que o ano anterior. Por provincias, 251 corresponderon á da Coruña; 190 a Lugo; 111 en Ourense e en Pontevedra vendéronse 173 tractores novos en 2014.

Por potencia, a maioría dos tractores vendidos no mercado galego teñen motores inferiores a 70 cavalos. En concreto, 124 de menos de 30 Kw; 188 con entre 30 e 50; 155 de entre 50 e 70kw; 104 de entre 70 e 90; 61 de entre 90 e 110 e 93 tractores de máis de 110 kw.

CADRO_EVOLUCION_MAQUINARIA_AGRICOLA_GZ_2014

Fonte: MAGRAMA

 

John Deere e New Holland seguen liderando o mercado de tractores

En canto ás marcas John Deere e New Holland dominan claramente o mercado español de tractores novos cunha cota de mercado no 2014 do 25,8 e do 19,3%, respectivamente. A gran distancia séguenas Case, co 7,6% e Kubota, co 7,0% das vendas en todo o Estado.

O modelo de tractor máis vendido o pasado ano en España foi o John Deere 6150 M 4 WD, con 210 unidades.

Outros sectores do mercado de maquinaria agrícola nova nos Galicia se situou en cabeza foi nos equipos de aporte de fertilizante, fundamentalmente cisternas; na maquinaria de recolección de forraxe (18 dos 26 equipos que se venderon en toda España); nas máquinas recolectoras de madeira (14 de 30 en todo o Estado); nos tractocarros (8 de 34) ou nos motocultores (162 dos 196 que se venderon en todo o territorio español).

Galicia, líder no mercado de tractores usados

Galicia seguiu liderando en 2014 o mercado español de tractores usados. Segundo os datos do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA), dependente do Ministerio de Agricultura, dos 26.304 tractores que cambiaron de titularidade en España o pasado ano, 4.455 foron en Galicia. Dentro deles, a maioría -3280- tiñan máis de 20 anos.

CADRO_EVOLUCION_TRACTORES_MAIS_20ANOS_GZ_2014

Se o comparamos cos datos do conxunto do Estado as cifras son máis elocuentes: se en España por cada dous cambios de titularidade de tractor usado mércase un tractor novo, en Galicia véndense 6 tractores usados por cada novo que se compra.

Galicia tamén se sitúa nun posto destacado, en terceiro lugar, na venda de remolques usados: 1.341 unidades sobre un total estatal de 9.116.

Descarga aquí o informe completo do MAGRAMA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información