Galicia, a excepción europea na contaminación por nitratros gandeiros

Juan Castro Ínsua, investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-INGACAL, explica neste artigo as razóns polas que Galicia é a excepción entre as principais rexións produtoras de leite da Unión Europea na contaminación por nitratos a causa dos xurros gandeiros.

Galicia, a excepción europea na contaminación por nitratros gandeiros

A importante masa forestal de Galicia absorve boa parte dos nitratos gandeiros

Con arredor de 9.000 ganderías e uns 2,6 millóns de toneladas anuais de leite, Galicia é a novena rexión europea en produción láctea. Sen embargo, mentres que a maioría das grandes rexións produtoras, como Bretaña, Holanda ou Dinamarca presentan problemas de contaminación por nitratos derivados dos xurros das explotacións, Galicia é a excepción tal e como se reflexa nas seguintes táboas de Eurostat:

Galicia é así unha das poucas rexións europeas especializadas na produción de leite, que non ten problemas ca contaminación das augas por nitratos, e polo tanto non ten declaradas zonas vulnerables.

Aínda que as explotacións de Galicia teñen unha alta intensificación produtiva, tanto pola carga gandeira como pola produción de leite por vaca, semellante a zonas dos Países Baixos, Alemaña etc, a explicación de que non existan os problemas de nitratos que ocorren no resto das rexións europeas hai que buscala na paisaxe, entendida como a forma de ocupar o terreo nas bacías hidrográficas.

JUAN_CASTRO_CADRO_3

A estrutura da paisaxe galega é con diferencia a que conta con menor superficie agraria útil (SAU) figura en cambio como a que ten unha maior proporción de terreo a monte (matogueira, e arborado) onde non se abona, e que actúan como sumidoiro do nitróxeno das explotacións gandeiras, evitando problemas por contaminación por nitratos.

Superficie agraria útil (SAU) nas principais rexións produtoras de leite de Europa: 

JUAN_CASTRO_CADRO_1

Así se pode apreciar nesta comparativa entre Galicia e Bretaña, onde a diferenza de terra cultivada, un 60% no caso francés fronte ao 22% de Galicia, e sobre todo, de superficie forestal -60% en Galicia fronte ao 12% de Bretaña- permite que en Galicia non haxa problemas de contaminación por nitratos procedentes de xurros gandeiros.

JUAN_CASTRO_CADRO_2

Isto aconsella que as medidas da Directiva Marco da Auga teñan en Galicia, no caso das explotacións gandeiras, unha aplicación voluntaria e non obrigatoria. Tamén debería levar a revisar os límites de carga gandeira, xa que, como se ve, a maior masa forestal reduce os problemas de contaminación por xurros.

O problema da acumulación de fósforo nas terras agrarias vese agravado polos lodos de depuradora

Cuestión diferente, tal e como analizamos no capítulo anterior, é o da acumulación de fósforo nas terras agrarias, principalmente das explotacións de vacún de leite máis dimensionadas, o que as obrigará a incrementar a súa SAU e apostar pola extensificación para evitar problemas de contaminación.

Ademais, a perda de SAU convértese nun serio problema para desfacerse dos lodos de depuradora nas terras agrarias, solución empregada para o 80% dos lodos xerados en Galicia. A excreción de P por persoa e día é de 2 g, (1,7 kg de P por persoa e ano), que multiplicados polos 2.772.000 habitantes da poboación galega supoñen 46.355.503 kg de fósforo (P) (10615303 kg de P2O5, que aproximadamente  equivalería ao fósforo excretado por 265.400 vacas de leite).

“Necesitaríase aumentar en 100.000 as hectáreas de terra arable en Galicia para aplicar lodos de depuradora sen problemas de contaminación”

Para poder aproveitar o fósforo dos lodos de depuradora sen aumentar o contido de fósforo no solo, necesitaríanse ao redor de 100.000 ha de terra arable, o 30% da terra arable actual de Galicia, ou 250.000 ha, o 56% da superficie de prados e pasteiros) para poder aplicar os lodos de depuradora, o que permitiría aumentar a SAU, sen custe de abonado, e evitar incendios de terras agrarias abandonadas.

4 ideas sobre “Galicia, a excepción europea na contaminación por nitratros gandeiros

  1. Eloy Paz Rodriguez

    Lástima que o presunto cerebro do Centro de Investigación Agrario de referencia en Galicia, exerza a manipulación informativa e científica con tamaña desfachatez e incongruencia.
    A aplicación agrícola de Lodos de Depuradora, actividade considerada de referencia e medioambientalmente mais recomendable nos países mais avanzados do mundo, choca con trabas legáis “made in feitos na casa” obxeto de cuestionamiento xuridico e motivo de irrisoria actitude de papanatismo estulto que leva a comportarse como: “mais papista co Papa”

    O hábito nunca fixo ao fraile e as burradas en letra impresa non son menos burradas

    Cando teñen unha crara intencionalidade autoxustificativa, faltando ao rigor científico, istorico, e da realidade, resulta penoso e dramático para o sector agrogandeiro.

    Faltar premeditadamente á verdade, é un calificativo que tódolos lectores teñen na mente é unha indecencia no profesional e no petsoal.
    Tan soio explicable polo parapeto de seguridade que dá o posto de traballo pagado por todolos cidadans, e que absolutistamente utiliza en beneficio propio cal sé de un ditador bananero se tratara.

    Pobre de nós!

    Contestar
    • Luis García Temes

      Pues sr. Eloy Paz, qué quiere que le diga? El tono injurioso y desaforado de su post contrasta con la información que el investigador muestra en el artículo. Ni un solo dato para rebatir los argumentos, sólo juicios de valor subidos de tono. No sé porqué, pero me viene a la cabeza que el investigador ha puesto el dedo en alguna llaga y que, si en vez de estar en España estuviera en la Italia meridional, donde la mafia hace pingües negocios con los residuos, quizás tendría algún problema mayor que comprobar cómo es vilipendiado desde el anonimato. Por lo demás, cabe estar agradecido a la existencia de estructuras de investigación públicas que permitan emitir opiniones imparciales sobre problemas que atañen a toda la ciudadanía, en concreto a la calidad de las producciones agrícolas y a la conservación del medio ambiente, aunque quizás estos sean objetivos secundarios dentro de determinadas escalas de valores. Precisamente por eso están pagadas con los impuestos de los contribuyentes.

      Contestar
  2. Manuel Romasanta

    Sr Eloy Paz,
    En primeiro lugar, non se desacredita a unha persoa con insultos, o primeiro que se descalifica é precisamente vostede, que insulta.
    Os comentarios, rebátense con datos, que vostede non aporta, polo tanto os seus comentarios carecen de validez algunha.
    Neste informe nadie está falando de si é recomendable ou non o emprego de lodos de depuradora para usos agrícolas.

    Pero xa que entra vostede nese tema e pensa que os lodos de depuradora, son a panacea, bóteos na súa hortiña e plante unhas lechuguiñas e despois comaas, non as venda, que os metais pesados pódenlle dar un sabor moi diferenciado.
    Pode botalos, igualiño que nos países avanzados, aquí tamén lle están permitidos e ademáis lle son gratis ou a precio de saldo, por algo será que se regalen.
    Por si quere saber algo da caracterización dos lodos de depuradora, aquí ten algunha información do magrama:
    https://www.ruralcat.net/c/document_library/get_file?uuid=d4836edd-59bc-4dbd-b8bd-f497b84141ca&groupId=10136
    Pobre de nós…. con xente coma vós!

    Contestar
  3. Oscar

    Hai algún informe “oficial” no que se aborde este tema??, máis alá destes breves apuntes.

    A min paréceme que o tema é tratado dunha maneira moi xeralista. Dicir que en Galicia non existen problems por nitratos…. paréceme algo que non se axusta á realidade nalgúns casos. Polo menos se se “vende” iso según en que zonas, algún que outro veciño poderíase amolar un chisco. Ademáis o agrumento está baseado exclusivamente en estatísticas sobre o uso do solo (das que tampouco se cita a fonte, tampouco aparecen os anos das estatísticas, mapas temáticos, etc.).

    En Galicia declarouse por Decreto no 2000 a non existencia de zonas vulnerables, e xa choveu dende aquela. A transformación que sufriu o sextor agrogandeiro nas últimas décadas é moi importante, e a realidade do 2.000 pouco tén que ver coa actual.

    A pesares de todo, interesaríame saber se hai algo “por escrito”, algunha publicación oficial e os seus autores onde se defenda esta tese e se citen alomenos fontes da información e resto de estudos levados a cabo para chegar a tales conclusións. Igual con argumentos máis consistentes un mudase de opinión.

    ¿Alguén pode facilitar un link???

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información