Galardoados na XXIII Cata Oficial da Feira dos Viños de Valdeorras

Publicidade
Galardoados na XXIII Cata Oficial da Feira dos Viños de Valdeorras

O Complexo Hostaleiro Paladium, emprazado en Vilamartín de Valdeorras, acolleu esta pasada noite o acto de entrega de Premios da XXIII Cata Oficial da Feira dos Viños de Valdeorras, no que participaron as 20 adegas que este ano promocionan os seus brancos e tintos nos distintos stands que mañá e pasado se despregarán na barquense praza de Viloira. O acto estivo presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González.

No decurso da súa intervención, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, sinalou que todas as adegas con referencias no certame deben considerarse gañadoras. “Sacar adiante unha añada debe ser visto xa como un éxito, un éxito que é -como todo o que ten que ver co ciclo da vide- na súa meirande parte colectivo”.

Premios: 

As 20 adegas participantes presentaron a concurso un total de 42 referencias distintas (22 brancas e 20 tintas). Estes foron os resultados do certame:

Viños brancos

1º Premio- Guitián Godello Lías de Bodega A Tapada.
2º Premio- Joaquín Rebolledo Godello de Bodega Joaquín Rebolledo.
3º Premio- Lagar do Cigur Godello de Adega Melillas e Fillos.

Viños tintos

1º Premio- Lagar do Cigur Mencía de Adega Melillas e Fillos
2º Premio- Viñaredo Mencía de Bodega Santa Marta.
3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía de Bodega Joaquín Rebolledo.

As mencións especiais “viños doutras añadas” foron Joaquín Rebolledo Tinto Barrica de Bodega Joaquín Rebolledo, en primeiro lugar, e Escada Garnacha, de Adega Alán, en segundo lugar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información