Gadisa precisa que as ofertas de leite de Cash-Ifa son só para maioristas

Gadisa precisa que as ofertas de leite de Cash-Ifa son só para maioristas

Oferta de Cash-Ifa

O director comercial de Gadisa, Santiago Codesido, asegura que as ofertas de leite Camponuestro a 0,51 € o litro en CASH-Ifa, unha rede propiedade de Gadisa, “son exclusivas para intermediarios, como comedores, hostelería ou tendas tradicionais”.

“É dicir, son para persoas cunha licenza fiscal, non son os mesmos prezos de venda ao púbico”, precisa Santiago Codesido en declaracións a Campo Galego. Ademais, explica que “os folletos publicitarios coa oferta, vixente do 16 ao 29 deste mes, xa estaban impresos dez días antes, polo que non nos foi posible retirala”.

En canto ao compromiso do presidente de Gadisa, Roberto Tojeiro, de non seguir utilizando o leite como produto reclamo nos seus establecementos e fixar un prezo mínimo de venda ao público de 0,59 €, Santiago Codesido engade que “seguiremos tendo ofertas, pero eses prezos – a 0,51 € o litro de leite- non son sostibles a partir de agora”.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información