Gadis usa o leite como reclamo cunha oferta a 51 céntimos litro

Unións Agrarias trasládalle o caso á Administración e á patronal de supermercados para que insten á cadea galega a retirar ese prezo

Gadis usa o leite como reclamo cunha oferta a 51 céntimos litro

Oferta de Gadis a 51 céntimos.

A cadea Gadis está a ofertar nos seus supermercados leite da marca Rosina (Leche Río) a 51 céntimos litro. Ese prezo, segundo advirte Unións Agrarias, contravén o acordo lácteo asinado en setembro do 2015, polo que as cadeas de distribución se comprometían a non usar o leite como produto reclamo.

Unións, que obtivo constancia fotográfica das ofertas en varios supermercados da cadea Gadis, trasladoulle o caso á Consellería do Medio Rural, así como á patronal dos supermercados ASEDAS. A organización agraria considera que hai que frear o modelo de actuación comercial de Gadis, “completamente tóxico para a supervivencia do sector lácteo”.

Ante a oferta feita por Gadis, Unións esixe das Administracións unha vixilancia maior das prácticas comerciais nas cadeas de distribución. A organización lembra que este tipo de ofertas, nas que se convirte ó leite nun produto reclamo, dificultan unha correcta remuneración para as outras partes da cadea láctea, granxas e industrias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información