A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Gadis celebra a III Xornada sobre o papel clave das mulleres rurais no desenvolvemento sostible

O evento subliña a importancia da sustentabilidade e a innovación nas zonas rurais, así como o compromiso coa igualdade de xénero e por aumentar o impacto socioeconómico positivo

Gadis celebra a III Xornada sobre o papel clave das mulleres rurais no desenvolvemento sostible

A directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, Melisa Pagliaro, a coordinadora de RSC, Lucía Santos, e o director de Comunicación, José Luis Fernández Astray, coas participantes na xornada.

A Fundación Juana de Vega acolleu a III Xornada organizada por Gadis baixo o lema “Mulleres rurais: imprescindibles para o desenvolvemento sostible”. No evento reuníronse numerosas profesionais de diversos sectores produtivos que colaboran coa cadea de supermercados.

“A sustentabilidade triangular non é un slogan, é o noso compás”, sinalou Melisa Pagliaro, directora de Marketing e RSC de GADISA Retail, que destacou a Responsabilidade Social Corporativa como eixo do negocio. Resaltou tamén o papel fundamental das mulleres rurais que axudan a afianzar a poboación e apostan pola innovación para comercializar produtos sostibles.

Isabel Barral, directora de Produción, Calidade, e Seguridade Alimentaria de Queixería Barral, abordou os retos do sector agroalimentario, como a substitución xeracional e a retención de talento. Ademais, subliñou a importancia da sustentabilidade no seu plan de negocio, no que acaban de obter o Selo de Rexistro de pegada de carbono outorgado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Mesas redondas

Na primeira, as protagonistas foron dúas produtoras de Quilómetro 0: Tamara Sueiro e Mª Jesús Infante, que lembraron a importancia do local como base da alimentación sá e saudable. A nivel persoal, centráronse nos aspectos máis positivos deste traballo como pode ser unha conciliación razoable e a conexión coa natureza.

Na mesa da industria agroalimentaria as voces foron as de Carmen Carpinteiro, de Pitos Rivadulla, e Nuria Varela-Portas, de Pazo de Vilane. Ambas desvelaron algunhas claves deste sector como a innovación, capacitación e calidade. Tamén compartiron o seu interese por ofrecer oportunidades laborais ás mulleres do rural para o seu empoderamento e desenvolvemento persoal e profesional.

Sustentabilidade en toda a cadea

Finalmente, Natalia Calvo, xestora de produtos cárnicos de Gadis, profundou na importancia deste sector para revitalizar a contorna rural. Expuxo como a cadea de supermercados fomenta a sustentabilidade en toda a cadea de valor, desde a selección de provedores ata a promoción dun consumo responsable.

Desde a cadea de supermercados promoven unha compra informada e concienciada para evitar o desperdicio, no que o propio modelo de negocio exerce de estímulo positivo: a carnicería ao corte. “Seguiremos apoiando ao rural, aos nosos provedores locais e ao produto de proximidade” concluíu.

O foco do evento foi o compromiso coa igualdade de xénero e aumentar o impacto positivo socioeconómico.

O foco do evento foi o compromiso coa igualdade de xénero e aumentar o impacto positivo socioeconómico.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *