A Fundación Príncipe de Mónaco apoia un proxecto galego para fomentar a coexistencia da gandería co lobo

A Fundación Príncipe Alberto II de Mónaco, en colaboración co Observatorio Campo Grande, seleccionou o proxecto “Rede de ganderías extensivas pola coexistencia co lobo”, presentado pola Asociación Galega pola Gandería Extensiva (AGGE) e Beealia, dentro da convocatoria 2024 de

O proxecto márcase os seguintes obxectivos:

– Creación dunha rede de ganderías que aplicarán métodos de prevención fronte aos ataques do lobo.

– Desenvolvemento dunha metodoloxía de asesoramento específica para reducir a vulnerabilidade das explotacións.

– Análise dun grupo inicial de ganderías ao longo de 2025 para identificar as mellores estratexias de protección.

– Xornada final a finais de ano para presentar os resultados e conclusións do proxecto.

As ganderías que queran participar neste proxecto para mellorar a protección do rebaño fronte aos ataques do lobo poden chamar ao 619 03 27 91.

Consulta máis información aquí:
🔗 https://www.initiativehommefaunesauvage.org/es/proyectos/all
🔗 https://www.grupocampogrande.org/

BEEALIA ALBERTO DE MÓNACO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información