A Fundación Galicia Sustentable traslada propostas para o rural no Senado

A Fundación Galicia Sustentable traslada propostas para o rural no Senado

Evento organizado pola Fundación Galicia Sustentable. / Arquivo.

A Fundación Galicia Sustentable participa na presentación do V Estudo sobre a Percepción dos Avances na España Rural (2024-2025) como exemplo de organización que traballa pola prosperidade do rural.

A organización, que busca promover a sustentabilidade a través de actividades con un impacto positivo no rural galego, recibe este recoñecemento a máis de quince anos de labor impulsando iniciativas innovadoras e sostibles.

O evento celebrarase o luns 31 de marzo no Senado de España e está promovido pola Cátedra Estrella Galicia de Desenvolvemento Rural de Next Educación. O acto reunirá representantes institucionais, investigadores, medios de comunicación e persoas referentes na revitalización do rural.

O xerente da Fundación, Marcos Pérez, intervirá no evento para compartir as aprendizaxes e demandas recollidas no contacto directo co territorio. Desde a entidade destacan que esta participación supón unha boa oportunidade para poñer no centro do debate político e mediático estatal a voz das persoas que constrúen un rural con futuro.

Un momento clave para a entidade

A próxima edición do Foro Rural Sustentable celebrarase os días 25, 26 e 27 de abril en Chantada, coincidindo cun momento clave para a Fundación, que está impulsando unha nova fase deste foro.

O obxectivo é deseñar iniciativas con impacto real na prosperidade do medio rural. “É fundamental escoitar cales son as verdadeiras demandas das persoas que xa están a transformar o rural nun medio máis próspero. Só así poderemos construír políticas e proxectos útiles”, destaca Marcos Pérez, xerente da Fundación Galicia Sustentable.

A Fundación reafirma así o seu compromiso cun modelo de desenvolvemento que aposta polo rural como espazo de vida, traballo, innovación e coidado dos bens comúns, sendo unha ponte entre o que sucede no territorio e as decisións das administracións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información