A Fundación Arume presenta o programa de Piñeiros 24, a cuarta edición do encontro internacional especializado nas coníferas, que se desenvolverá o martes 29 de outubro na Cidade da Cultura (Edificio Fontán).
Este ano, Piñeiros 24 contará cunha conferencia principal, a cargo do arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, Dominique Perrault; e con tres mesas redondas que abordarán cuestións claves na cadea forestal – madeira, como son o papel da madeira na descarbonización e industrialización da construción, experiencias na xestión de montes e, en terceiro lugar, innovacións en usos e produtos complementarios que se extraen das coníferas.
Francia será o país coprotagonista de Piñeiros 24, igual que en anos anteriores se lle prestara unha adicación similar a Portugal (Piñeiros 23) ou a Euskadi (Piñeiros 22). Francia, en especial a rexión de Nova Aquitania, é un dos referentes europeos no manexo do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’), tanto a nivel forestal como industrial. En Piñeiros 24 contarase coa presenza de Xylofutur, o clúster de innovación do sector forestal – madeira do país veciño, e cunha serie de ponentes que explicarán a realidade da cadea monte – industria de coníferas en Francia.
A conferencia principal correrá ademais a cargo de Dominique Perrault, o arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, que en parte ergueuse sobre estruturas híbridas de madeira, formigón e aceiro.No proxecto, empregouse o CLT (madeira contralaminada) en partes estruturais dos edificios, xunto con madeira laminada e con entramados de madeira nas fachadas.
A asistencia ó evento será por invitación da organización ou previa inscripción previa, pero tamén se poderá seguir por streaming.
‘Piñeiros24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia’ conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través de XERA Axencia Galega da Industria Forestal.
Programa
08:45 Recepción e acreditación de asistentes.
09:30 Apertura.
• José Carballo, presidente da Fundación Arume.
• Frédéric Carteret, presidente de Xylofutur.
• Representante institucional da Xunta de Galicia.
10:00 Conferencia: O gran París en movemento.
Dominique Perrault, arquitecto e urbanista.
10:30 A madeira na descarbonización e industrialización da construción.
Modera: Teresa Táboas, vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura.
• María Aramendia, arquitecta e directora de desenvolvemento no Estudio LA/BA (Paris).
• Daniel Hermosilla, CEO en Grupo Rodiñas Pretensados.
• José Antonio de Pedro, director de desenvolvemento en Distrito Natural.
• Jacques Bouillot, director de solucións baixas en carbono no Grupo Eiffage Construcción.
12:00 Pausa café.
12:30 A xestión de montes: experiencias e perspectivas.
Modera: Asun Cámara, coordinadora de Juntos por los Bosques.
• Bruno Lafon, propietario forestal e presidente do Syndicat des sylviculteurs du Sud-Ouest, Nouvelle Aquitanie.
• Jesús Ferreño Naveira, presidente da Comunidade de Montes de Castelo, Culleredo.
• Erundina Louro, presidenta da Comunidade de Montes de Antas, A Lama.
• Pilar Pérez Batallón, propietaria forestal e socia de Fincas Carballido S.L., Lugo.
• Francisco Dosil, presidente da Sociedade de montes sostibles de Cúns, Outes.
14:00 Pausa para refrixerio.
15:30 Innovando co piñeiro.
Modera: Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñaría Forestal Campus Pontevedra, UVigo.
• FORESA Technologies. Luis Alberto Otero, responsable de innovación.
• Société DRT (Grupo dsm-firmenich). Emmanuel Cazeils, responsable de innovación e desenvolvemento de negocio.
• Hifas Foresta. Enrique Fandiño, Plant Manager.
17:00 Peche.
Representante institucional da Xunta de Galicia.