A Fundación Arume presenta este luns primeiros resultados e folla de ruta para a mellora xenética das coníferas galegas

Unha xornada na Cidade da Cultura (sala de eventos do Edificio Fontán) fará balance do convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a propia Fundación, encamiñado á obtención de plantas de piñeiro melloradas

A Fundación Arume presenta este luns primeiros resultados e folla de ruta para a mellora xenética  das coníferas galegas

Parcela de ensaio de piñeiro do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. / Arquivo.

A Fundación Arume presenta este luns 28 de novembro os primeiros resultados do proxecto de mellora xenética das coníferas galegas, que se está a desenvolver a través dun convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Arume. O evento servirá para facer balance do traballo xa realizado e perfilará a folla de ruta para os próximos anos.

Trala xornada de mañá, á tarde farase unha visita a un novo horto sementeiro de coníferas, en Sigüeiro, e a unha parcela de ensaio en Frades.

Programa

10.00 h Apertura e benvida
José Luis Cabarcos Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria

A colaboración público-privada.

– Os retos do sector
José Carballo Presidente da Fundación Arume

– As liñas de traballo actuais
José Luis Chan Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal

– O apoio á innovación
José Luis Cabarcos Director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria

10.40 h Visión xeral e resultados operativos do convenio CMR-AGACAL-ARUME
Francisco Dans Vicepresidente da Fundación Arume

11.00 h Pausa-café

11.20 h A reprodución vexetativa

– Viabilidade técnica e comercial
Francisco Lario Responsable de proxectos de TRAGSA

– Problemas e vantaxes na produción en viveiro
Francisco Álvarez Responsable de viveiros San Mamede
Abraham Gerpe Responsable de viveiros Growin

12.00 h ADN e rastrexabilidade do material mellorado
Lucía Villar Investigadora do Convenio CMR-AGACAL-ARUME

12.10 h Proposta de programa de mellora do Pinus radiata en Galicia
Raquel Díaz Investigadora do CIF de Lourizán

12.30 h Debate en sala

13.30 h Refrixerio

15.00 h Saída en autobus (recollida e regreso na Cidade da Cultura)

15.15 h Visita a novo horto sementeiro de Pinus radiata na Falmega, Sigüeiro

16.30 h Visita a parcela de ensaio de coníferas en Frades

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información