O vindeiro mércores 14 de outubro FSC organiza unha xornada formativa en Lugo sobre xestión forestal e cadea de custodia en Galicia. Como novidade, a asistencia a este taller poderá ser tanto presencial, na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior do campus universitario de Lugo, como en liña, a través da plataforma Zoom.
Esta é a terceira dunha serie de actividades formativas e de divulgación baixo a lema “Galicia ten boa madeira”, que en colaboración coa Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) desenvolveranse até o mes de novembro para difundir a xestión forestal sustentable na comunidade.
A inscrición é gratuíta. Tan só é necesario rexistrarse para asistencia presencial nesta ligazón https://forms.gle/oKNqSx6e3sk3c5nr9 ou ben para participación on-line nesta outra ligazón https://n9.cl/fscenlugo
Programa:
10:00 Benvida
10:15 Que é FSC e como funciona
10:45 Certificación FSC de xestión forestal en España e en Galicia. Datos e exemplos. Certificación de grupo
11:15 Certificación FSC de Cadea de Custodia en España e en Galicia. Datos e exemplos. Certificación de Grupo e multisitio
11:45 Novo estándar español de xestión forestal para a certificación FSC (FSC-STD-ESP-03-2018-es). Período de transición. Auditorías e COVID19. Novos conceptos: Escala, intensidade e risco
12:15 Descanso
12:30 Certificación FSC de Produtos Forestais Non Madeirables (castañas, fungos, cortiza, resina, gando e caza)
13:00 Certificación FSC de Servizos do Ecosistema (Auga, Biodiversidade, Carbono, Chans e Recreativos)
13:45 A experiencia dun titular FSC de xestión forestal e cadea de custodia en Galicia
14:45 Retos e oportunidades da certificación forestal FSC e da cadea de valor da madeira en Galicia
15:15 Clausura