A Fruga pídelle á Xunta e Ministerio que interveñan para frear as campañas de uso do leite como produto reclamo

LEITE_PREZOS_FRUGA_01_standarA Federación Rural Galega – FRUGA reclámalle á Consellería do Medio Rural e ao Ministerio de Agricultura que interveñan para aplicar a Lei da Cadea Alimentaria e frear as campañas de uso do leite como produto reclamo por parte da distribución, con promocións a 0,73 euros o litro, co conseguinte risco de que se acabe trasladando nunha baixada de prezos aos gandeiros.

Dende a Fruga consideran que “calquera tipo de campaña que utilice o leite a baixo prezo como reclamo por parte da distribución en ningún caso pode afectar ao prezo que debemos percibir produtores e produtoras”.

“A día de hoxe as 5494 gandarías galegas de leite, están a percibir unha media de 0,45 euros/litro, co cal xa non queda ningún tipo de marxe para volver a aplicar mais baixadas”, engaden dende a organización agraria.

Neste sentido, lembran que “a Lei da Cadea Alimentar no seu artigo 9 letra j) especifica que “o prezo pactado entre o produtor primario, neste caso agrario, e o seu primeiro comprador deberá cubrir o custe efectivo de produción”. Así mesmo o artigo 12 establece que para “evitar a destrución do valor na cadea alimentar, cada operador da mesma deberá pagar ao operador inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custe efectivo de produción ..”.

Para a FRUGA as campañas de utilización do leite como produto reclamo están a poñer en risco e o sector, mentres “ as administracións están a mirar para outro lado, xa que por un lado négansse a establecer mecanismos efectivos para determinar os custes de produción, e por outro non están actuando contra os axentes comerciais que están tendo practicas comerciais que poderían ser consideradas como abusivas”.

Nesta situación, critican que “dende a Consellaría do Medio Rural non se está a exercer ningún tipo de acción neste sector” e pregúntanse para “para cando a reunión da Mesa do Leite?”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información