FRUGA insta á Xunta a cambiar o rumbo na xestión do lobo

A federación agraria considera que a xustiza avala as súas demandas e pide á Xunta que asuma responsabilidades e abandone o discurso da extrema dereita

FRUGA insta á Xunta a cambiar o rumbo na xestión do lobo

Imaxe de aquivo.

A Federación Rural Galega (FRUGA) reitera que a xestión dos conflitos provocados pola presenza do lobo no rural non debería quedar en mans de sociedades privadas de caza, tal e como propón a Xunta de Galicia.

A organización lembra que a conservación desta especie” non pode recaer unicamente nos sectores pecuarios, senón que debe ser asumida por toda a sociedade”, segundo xa advertiran nun comunicado de setembro de 2021.

En febreiro dese mesmo ano, FRUGA instara á Consellería de Medio Ambiente a cumprir coas súas obrigas e non delegar o control do lobo nas sociedades de cazadores, medida que, segundo a entidade,” podería incrementar a polarización social arredor da caza”. Nese contexto, a organización fixera un chamamento á sociedade para evitar caer nesa dinámica.

Tamén daquela, FRUGA preguntara á Consellería se contaba con estudos científicos que avalasen que todas as poboacións identificadas como lobos o eran realmente, ou se existía a posibilidade de que algunhas fosen híbridas, como xa se confirmou nalgúns puntos do país mediante probas de ADN. Por iso, reclamaban “maior rigor científico” por parte da administración.

“Todas estas consideracións vense agora respaldadas pola resolución emitida polo Tribunal Superior de Xustiza da Galiza, o TSXG, cando anuncia a suspensión cautelar da resolución da Xunta da Galiza a medio da que se permitía a caza do lobo”, indican.

O tribunal argumenta que os danos ao sector gandeiro “aínda non sendo reversíbeis, si son indemnizábeis” e sinala que a Xunta non achega datos cualitativos nin cuantitativos suficientes sobre eses danos.

FRUGA interpreta esta decisión xudicial como unha confirmación das súas reivindicacións e insta á conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, a “rectificar a súa liña de actuación e a afastarse das campañas impulsadas pola extrema dereita”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información