A Asociación Galega de Viticultura, da Fruga, considera “innecesario e perigoso” incrementar os rendementos de produción na D.O. Rías Baixas, nun contexto de inestabilidade dos mercados.
A organización agraria declárase “perplexa” ante a proposta de Unións Agrarias de elevar os rendementos para a presente campaña. “É unha proposta que non responde nin ás necesidades dos viticultores nin das adegas”, sosteñen.
Para a Fruga, un rendemento de 12.000 quilos por hectárea é un rendemento máis que suficiente para asumir a produción de uva que, segundo uns estándares de calidade, producen as viñas. “Ir máis alá desta cifra supón un risco evidente de xeración de excedentes de viño, nun momento no que o mercado xa comeza a mostrar sinais de saturación”, valoran.
A organización agraria considera que máis alá de que haxa unha boa colleita este ano, hai que pensar “na defensa do prezo do produto, na viabilidade das explotacións a medio e longo prazo, e na preservación dacalidade que define a Denominación de Orixe Rías Baixas”, conclúen.
Galego









Control OJD