A FRUGA denuncia os prexuízos que provoca a falta de persoal nas Oficinas Agrarias

A FRUGA denuncia os prexuízos que provoca a falta de persoal nas Oficinas Agrarias

Oficina agraria de Foz. Foto: Páxinas Galegas

A Asociación Galega de Viticultura (AGV – FRUGA) denuncia que as “carencias de persoal e medios en distintas Oficinas Agrarias Comarcais están a provocar deficiencias nos servizos prestados a agricultores e gandeiros”.

En concreto, aseguran o caso “dalgunha OAC da Comarca de Valdeorras, onde os viticultores e agricultores da zona están a manifestar o seu malestar, e preocupación, polas deficiencias do servizo prestado que lles provoca que para realizar un trámite se teñan que desprazar máis dunha vez á mesma, por ausencias da súa titular ou por sobrecarga de traballo desta, o que implica retrasos na tramitación dos seus expedientes e non poder cumprir os prazos esixidos nas convocatorias, cos correspondentes prexuízos para os e as titulares das explotacións”.

Ante esta situación, desde a Asociación Galega de Viticultura (AGV – FRUGA) pregúntase “onde está o compromiso da conselleira de Medio Rural Rural, Ángeles Vázquez, que hai máis dun ano anunciaba que se ía dotar de máis medios e persoal ás oficinas agrarias de toda Galiza, co fin de mellorar as súas prestacións”.

Á vista dos feitos denunciados, a Asociación Galega de Viticultura (AGV – FRUGA) entende que este compromiso non se fixo realidade polo que lle demanda á Conselleira de Medio Rural que “a anunciada dotación de
“máis medios e persoal” para as OAC, que fixo fai xa case un ano, se leve a cabo con carácter urxente”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información