A Fruga demándalle á Xunta un plan para frear a perda de explotacións gandeiras

A Fruga demándalle á  Xunta un plan para frear a perda de explotacións gandeiras

A Federación Rural Galega (FRUGA) pídelle á Consellería de Medio Rural que poña en marcha un plan para frear a perda de explotacións gandeiras en Galicia.

“A Xunta de Galicia ten que pensar que no rural non pode seguir estes níveis de desertización, para o que ten que pór en marcha dunha vez por todas un plan que sexa quen de evitar esta perda masiva de explotacións lácteas, valorizando as nosa produción cuns prezos que permitan cubrir os custos de produción, e que permitan vivir dignamente da actividade agropecuaria”, sinalan dende a organización agraria.

Neste sentido, a Fruga lembra que os datos da última declaración de entregas de leite no Estado español, “reflicten unha vez máis a importante caída do número de explotacións lácteas en Galiza. Concretamente durante o mes de outubro 52 granxas abandonaron a produción de leite no país, tendo en conta ademais que durante o último ano, os abandonos suman un total de 419 explotacións, quedando a día de hoxe un total de 7632 ganderías de vacún de leite en Galiza”.

En canto á remuneración, critican que o prezo do leite galego foi de 0,314 euros/litro, por debaixo da media do estado que estivo en 0,325 euros/litros. “Producimos preto do 40% do total do leite do Estado, e cobramos os prezos mais baixos, aspecto este último que se ven repetindo nos últimos anos”.

Neste sentido, dende a Fruga conclúen que “os abandonos non soamente son froito da xubilación de moitos titulares de explotación, senón que non se está a dar o relevo xeracional necesario, debido a que as marxes netas que quedan na produción de leite son escasas, e non permiten vivir dignamente desta actividade”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información