A Fruga convoca aos gandeiros de leite a concentrarse este venres ante a gran distribución en protesta polos baixos prezos

A Federación Rural Galega (FRUGA) convoca unha concentración para mañá venres, 6 de agosto, ante a gran distribución en demanda dunha mellora dos prezos que perciben os produtores de leite.

A suba dos prezos dos pensos, da electricidade e dos fertilizantes e o estancamento dos prezos do campo están a pasar factura nas contas das granxas de vacún de leite, o que levou ao incio de mobilizacións dos gandeiros, primeiro en Andalucía, logo en Cantabria e agora en Galicia.

En concreto, a concentración da FRUGA está prevista para as 11:30 horas diante do supermercado MERCADONA situado no polígono da Gándara  de Narón. 

“O motivo desta concentración é denunciar o papel que está a cumprir a gran distribución á hora de fixar o prezo do leite que se nos paga aos produtores e produtoras e, ao mesmo tempo, demandar un prezo xusto para o noso leite, así como a actuación das administracións competentes (Xunta e Ministerio de Agricultura), para lograr ese obxectivo”, explican dende a organización convocante.

CARTAZ_ConcentraçãoMercadonaNarão_IMG-20210802-WA0007

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información