Friol volve celebrar a Feira de Gando Vacún de Raza Rubia Galega o 24 de setembro

Friol volve celebrar a Feira de Gando Vacún de Raza Rubia Galega o 24 de setembro

José Ángel Santos, terceiro pola dereita, xunto ao resto de equipo de goberno durante a presentación da feira. Foto: www.galiciaxa.com

O Concello de Friol volverá celebrar a súa feira de gando vacún de raza rubia galega o sábado día 24 de setembro.

A feira, que chega á súa edición número dez, terá lugar pola mañá no mercado municipal, finalizando coa entrega dos premios correspondentes e coa celebración das poxas, unha das novidades deste ano.

O gando participante optará a premios en metálico e trofeos, que se dividen en diferentes categorías: machos menores de 8 meses, femias menores de 8 meses, machos maiores de 8 meses, xatas e vacas. Os premios económicos divídense en 150 euros para o primeiro clasificado, 100 euros para o segundo e 50 para o terceiro posto. Haberá un premio especial de 200 euros que levará a gandaría que asista co mellor lote. Ademáis, as gandarías asistentes recibirán unha prima pola asistencia dos seus exemplares.

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, resalta que “a gandaría é un dos sectores mais importantes do noso concello e unha parte fundamental, polo que unha feira dedicada ao gando vacún de carne parécenos que pode servir para seguir apoiando e impulsando o medio rural en xeral, e o sector gandeiro en particular”.

“Convidamos a todas as persoas que queiran desfrutar desta feira, que está sendo un referente do sector, a que nos visiten ese día, e que aproveiten para desfrutar e vivir o noso marabilloso pobo”, destaca.

FEIRA VACUN CARNE FRIOL 2022

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información