Friol converterase este domingo na capital galega do queixo e do pan

Friol converterase este domingo na capital galega do queixo e do pan

O alcalde de Friol, José Ángel Santos, na presentación da feira

Este domingo, 24 de marzo, celébrase a edición número 27 da Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, unha das celebracións máis destacadas do calendario gastronómico galego.

Así, preto de 100 queixeiras expoñerán unhas 12.000 pezas de queixos ese día nos postos de expositores e de venda. O número de pezas de pan tamén se mantén; con 5 Panaderías de Ousá presentando os seus produtos, cunha previsión de máis de 3.500 pezas de pan en exposición.

Na Praza Andón Cebreiro volverá estar instalada unha gran carpa que acollerá a exposición dos produtos principais da feira. Arredor desta instalación o Concello colocará stands onde se poderán mercar diferentes produtos agroalimentarios do Municipio, como poden ser carne, mel e ovos, entre outros.

A carón desta carpa principal tamén estará situado o stand Municipal, onde a partires das 13:00 horas o concello ofrecerá a todos os asistentes totalmente de balde unha degustación de queixo de Friol e pan de Ousá, acompañados dun viño.

Na Praza Rosalía de Castro o Concello tamén instalará stands destinados a exposición de produtos de diferentes sectores, como por exemplo artesanía, textil, distintos tipos de viños, sidras, licores, etc.

Programación:

-Ás 10 da mañá comezo do día de Feira co tradicional lanzamento de foguetes.

-Ás 10 e media a organización asignará os stands ás queixeiras e panaderías que participen na Feira.

-Ás 11 e media está prevista a apertura da Feira co simbólico corte de cinta, que nesta ano correrá a cargo dunha queixeira.

-Durante toda a mañá haberá actuacións de pasarrúas e charangas polas rúas do Concello. Este ano participarán a “Xesta Verde” de Friol e a “Charanga” de Vilalba.

-Ás 7 da tarde Concerto Folk, a cargo de A BANDA DA LOBA, que terá lugar no salón de actos do Centro Sociocultural de Friol e se prolongará ata as oito e media da tarde. Precisamente esta actuación servirá dalgún modo para inaugurar as novas instalacións do recentemento rehabilitado Centro Sociocultural.

-Por último, ás 11 da noite empezará a romaría, que estará amenizada nesta edición pola Orquestra Olympus. Esta será a última actuación prevista da 27º edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá, que rematará sobre as 2 da madrugada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información