Friol celebra a VII Festa do Porco Celta o sábado 5 de abril

FRIOL PORCO CELTA 1O Concello de Friol e Asoporcel, xunto con produtores do municipio, organizan a sétima edición da súa cita coa festa exaltación do Porco Celta. 

A presentación, que se levou a cabo na casa consistorial, estivo presidida polo Alcalde, José A. Santos, acompañado de membros do seu Equipo de Goberno, do presidente de ASOPORCEL (Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta), e de varios criadores do municipio friolés, e parte da organización da citada festa.

Os organizadores son Antonio Díaz, Manolito Roimil, Óscar Santos, Javier Serén e MVMC Carballo. Colaboran Tres Fuciños, Restaurante Roimil e MVMC Carballo, apoiados polo Concello de Friol e ASOPORCEL.

Esta nova edición da Festa do Porco Celta levarase a cabo o primeiro sábado de abril, no pavillón municipal de Friol. Haberá campionato de tute que dará comezo ás 16:00 h. Ás 20:00 h realizarase unha exposición e venda de produtos de Porco Celta. Ás 20:30 h levarase a cabo unha demostración de corte de xamón realizada por cortador profesional. Haberá tamén un picoteo de benvida ás 21:30 h. Pasando xa á cea ás 22:00 h, con caldo de ósos e cocido de Porco Celta seguindo con baile amenizado por música en directo. Haberá tamén un sorteo de produtos de porco celta entre os asistentes a este evento.

Para poder participar no campionato de tute, que estará reservado a persoas que participen na cea, haberá que inscribirse con antelación e custará 30€ por parella. O prezo da cea é de 25€ por persoa, tendo que recoller os tickets cos membros da organización, con data límite este domingo 30 de marzo. Reservarase mesa para grupos numerosos que a soliciten.

O Alcalde de Friol xunto cos produtores resalta a importancia de potenciar esta raza porcina e di “que esta festa e unha plataforma ideal para darlle maior visibilidade a unha raza, que co paso do tempo vai medrando pouco a pouco no noso municipio, é un orgullo poder seguir celebrando esta festa que tan boa acollida ten edición tras edición, sendo cada ano mais as persoas que se animan para desfrutar de estes manxares e de esta xornada en xeral”.

FRIOL PORCO CELTA 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información