A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Francisco Fueyo, novo director da Unidade de Negocio de Gandaría de Zoetis España

Francisco Fueyo, novo director da Unidade de Negocio de Gandaría de Zoetis España

Desde comezos deste ano, Francisco Fueyo está á fronte da Unidade de Gandaría de Zoetis España, que integra desde a mesma data os negocios de porcino, avicultura e rumiantes e equino.

Doutor en Veterinaria pola Universidade de León, Francisco incorporouse a Zoetis (Pfizer Saúde Animal entón) no ano 2003. Ao longo da súa traxectoria profesional na compañía desempeñou funcións de xefe rexional de Rumiantes, Key Account Manager (KAM) de distribución, ademais de delegado, tanto de animais de compañía como de gandaría. En 2010 pasou a formar parte da Unidade de Negocio de Rumiantes, cuxa dirección asumiu en decembro de 2015.

Para o novo director de Gandaría de Zoetis, “o meu maior reto é contribuír xunto ao meu equipo a que o sector afronte un futuro no que deberá producir coa máxima eficiencia, respectando as normativas vixentes, e nunha contorna globalizada con gran volatilidade de prezos”.

“Para iso, desde Zoetis seguiremos investigando e investindo para ofrecer produtos, servizos e solucións que acheguen valor real aos nosos clientes, mellorando a sanidade, o benestar animal e a rendibilidade das explotacións a través dun manexo sanitario óptimo”, subliña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *