Forte incremento das entregas de leite en febreiro en Galicia, malia a baixada de prezo

Ganderia As Cargas (Mesia) robot de muxido Boumatic5O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ven de publicar o informe sobre entregas e prezos do leite de vaca correspondente ao mes de febreiro no que se confirma o incremento da produción en relación ao mesmo mes de 2025 en Galicia, mentres que en España as entregas permanecen estancadas. Os prezos baixan lixeiramente en España e en Galicia.

Así, a media foi de 0,538 euros o litro a nivel estatal -en xaneiro foi de 0,541- mentres que en Galicia o prezo medio en febreiro foi de 0,525 euros o litro, fronte aos 0,529 do mes anterior.

Captura de pantalla 2026-04-01 165145 Captura de pantalla 2026-04-01 170508

Polo que respecta á produción, as entregas en febreiro no conxunto de España ascenderon a 588.371 toneladas, o que supón unha suba interanual do 1,63% pero só do 0,03% se se desconta a produción de Galicia.

De feito, a Comunidade galega foi na que máis subiu a producción: 245.776 toneladas de leite entregadas en febreiro, un 3,95% máis en relación ao mesmo mes de 2025.

Por último, e no relativo ás calidades do leite, a media en febreiro situouse no conxunto do Estado no 3,95 % de graxa e 3,44% de proteína. En Galicia, como ven sendo habitual, os sólidos lácteos foron superiores en graxa, cun 4,00%, mentres que a proteína media quedou nun 3,44%.
O prezo do leite ecolóxico en febreiro situouse nos 0,651 euros o litro en España e os 0,631 en Galicia.

Descarga aquí o informe completo do FEGA.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información