Forte caída da rendabilidade para os produtores de polo debido ao peche da hostalaría e ao encarecemento do penso

Forte caída da rendabilidade para os produtores de polo debido ao peche da hostalaría e ao encarecemento do penso

A Unión de Pequeños Agricultores (UPA) advirte da forte caída da rendibilidade para os produtores de carne de polo, un sector que supón o 12,75% da produción gandeira, rozando os 2.500 millóns de euros en valor.

A situación complicada pola que atravesan as máis de 7.000 granxas de polo que hai en España débese por unha parte á menor demanda, motivada pola ausencia de turismo e o descenso de actividade ou peche da hostalaría. Sirva como exemplo que, segundo a patronal PROPOLLO, a produción total de aves cada mes en España está ao redor dos 44 millóns de exemplares, dos que un 25% derívanse á canle HORECA e que o 65% das vendas de polos asados están ligados ás festas e ao turismo, agora baixo mínimos.

Esta menor demanda estase traducindo en menos produción nas granxas: Se ata o de agora producían unhas 5 camadas de polos ao ano, cuns 15 días libres entre unha crianza de polos e a seguinte, agora estase baixando a 3. “Estamos indo a 25 días coa granxa sen animais, pero os gastos fixos seguen sendo os mesmos”, advirte un avicultor de Ourense. O descenso de ingresos pon nunha situación especialmente difícil a aquelas granxas máis novas e con máis endebedamento.

Importacións de polo conxelado a baixo prezo

O outro motivo de preocupación é a suba dos pensos. Así, segundo UPA a soia encareceuse un 25% dende agosto, pasando, de 299,5 $/tonelada en agosto a 398,7 $/Tn. De momento parte dos produtores aínda non sufren esta suba ao negociar anualmente o prezo do penso coa integradora, pero é previsible que nos contratos do vindeiro 2021 se trasladen estas subas de xeito xeneralizado.

Ante esta situación, UPA pídelle aos supermercados un compromiso co sector, rexeitando as importacións de polo conxelado a baixo prezo, “que países como Polonia, fundamentalmente, están intentando colar en España”.

Desde esta organización tamén lle esixen ao Ministerio de Agricultura que actúe, activando medidas de xestión de mercado para xestionar as cerca de 30.000 toneladas de polo conxelado que están almacenadas actualmente, e artellando edidas de apoio aos produtores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información