Forte baixada da asistencia de gando ao mercado de Amio e prezos sen cambios

Os prezos do gando que concorreu á sesión deste mércores do Mercado de Amio mantivéronse sen cambios, nunha sesión marcada polo importante descenso da afluencia de animais debido á cercanía dos días festivos da Semana Santa.

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega deciden por maioría manter os prezos da sesión anterior por todas as categorías e calidades desta carne.

Finalmente, os datos de asistencia baixaron notablemente ao coincidir coa Semana Santa, quedando nas 488 reses, 965 menos que na sesión do 9 de abril. En detalle, houbo 442 cabezas de vacún menor (818 menos que na semana pasada); 7 de vacún mediano (-50) e 39 de vacún grande (-117).

Captura de pantalla 2025-04-16 120530 Captura de pantalla 2025-04-16 120548 Captura de pantalla 2025-04-16 120625 Captura de pantalla 2025-04-16 120634

Máis información:
Táboa completa de cotizacións (16-IV-2025)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información