Foro de innovación no sector agroalimentario galego o 9 de marzo

O evento terá lugar na sede de FEUGA en Santiago de Compostela (Campus Vida). A cita forma parte dos eventos finais dos proxectos dos Grupos Operativos TIRAC, PROTEINLEG e MICOALGA-FEED

0_Foro de innovación en el sector agroalimentarioFEUGA (Fundación Empresa Universidade Galega) organiza o próximo 9 de marzo na súa sede de Santiago de Compostela un evento centrado en innovación no sector agroalimentario, mediante a presentación dos principais resultados e conclusións de diferentes proxectos de innovación que teñen como último obxectivo o benestar animal e humano a través de diferentes estratexias que serán presentadas durante a xornada.

A redución do uso de antimicrobianos para previr a aparición de resistencias aos mesmos, tanto en humanos como en animais, converteuse nunha estratexia prioritaria na UE e no mundo. A resistencia aos antibióticos é un dos maiores problemas de saúde pública e animal, especialmente, pola aparición e diseminación de bacterias multirresistentes e a escaseza de tratamentos alternativos.

Tamén relacionado co benestar e a dieta animal e humana, nos últimos anos incrementáronse as iniciativas para o desenvolvemento de ingredientes ricos en proteína como alternativa á soia e á carne, respectivamente. A dependencia da gandaría española das importacións de soia, a principal fonte de proteína para a produción de pensos compostos para gando, o déficit nacional de proteínas de orixe vexetal e a demanda crecente por parte dos consumidores de produtos plant-based saudables, resulta na necesidade de desenvolver alternativas sustentables como é o caso das leguminosas.

Neste contexto, desenvolvéronse proxectos de innovación, que serán presentados durante o evento, dos grupos operativos: TIRAC (https://tirac.es/), enfocado na redución de antibióticos fronte a problemas dixestivos nos coellos de cebo a través de diferentes estratexias nutricionais como o equilibrio no nivel de fibra soluble/insoluble ademais da incorporación de algas e extractos de algas e MICOALGA-FEED (https://micoalga-feed.es), no que se desenvolveron pensos complementados con fungos e microalgas con efecto antimicrobiano, inmunomodulador e antiinflamatorio, e avaliado como alimentación en gandaría avícola.

Doutra banda, os socios do proxecto do grupo operativo PROTEINLEG (https://proteinleg.es/), realizaron un amplo traballo para o desenvolvemento de proteínas alimentarias de alta calidade mediante a produción e procesamiento sustentables de cultivo de leguminosas. Deste proxecto obtivéronse e avaliáronse, considerando o benestar animal e a calidade da carne, pensos compostos con substitución da soia por leguminosas para alimentación porcina e avícola. Así mesmo, desenvolvéronse produtos de orixe vexetal como alternativa á carne para alimentación humana, con alto contido en proteína e ácidos grasos omega-3.

Ademais das presentacións destes proxectos por parte das entidades participantes, contarase durante o Foro con relatorios de relevancia no sector: Begoña Pascual, Xefa de Área da SG. de Innovación e dixitalización do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación; Bruno González, Director da Unidade de Resistencia Antimicrobiana da Universidade Complutense de Madrid) e Sheila Alves, Research Officer en Teagasc, Irlanda.

O foro permitirá aos asistentes, ademais de coñecer estas iniciativas innovadoras, manterse ao día das oportunidades e políticas en materia de innovación así como contactar e interactuar cun amplo número de entidades para explorar posibilidades de colaboración conxuntas que conduzan a novos proxectos e iniciativas. En todo caso, ofrecerase a posibilidade de conexión online para aqueles interesados que non puidesen acudir ao evento de maneira presencial.

Os interesados deberán inscribirse (de modo gratuíto) nun dos seguintes itinerarios que o foro ofrece (pode consultarse os correspondentes programas abaixo):

Itinerario 1: Proyectos TIRAC y MICOALGA-FEED
Programa: https://bit.ly/3IljREU
Formulario de inscripción: https://lnkd.in/dS6sjDzn

Itinerario 2: Proyectos PROTEINLEG y MICOALGA-FEED
Programa: https://bit.ly/3Is7Z4b
Formulario de inscripción: https://lnkd.in/dqsHPgHx

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información