Formacións en Rianxo sobre os aproveitamentos sostibles do monte

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa tres formacións gratuítas para reforzar capacidades locais e promover modelos de aproveitamentos sostibles do monte

Publicidade
Formacións en Rianxo sobre os aproveitamentos sostibles do monte

O programa accións formativas vinculadas á xestión e aproveitamento do monte, coordinado polo Concello de Rianxo no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, acolle tres formacións gratuítas sobre aproveitamentos sostibles do monte.

As formacións, de entre 40 e 50 horas de duración, serán impartidas por especialistas e combínanse sesións teóricas e prácticas. O obxectivo é reforzar capacidades locais e promover modelos de aproveitamento sostible do monte, ofrecendo coñecementos aplicables tanto para persoas interesadas en emprender como para aquelas que xa traballan no rural.

As formacións, de carácter teórico-práctico, estarán centradas na gandería extensiva en ámbito forestal, micoloxía e cultivo de castiñeiro para froito. O prazo de inscrición para os tres cursos que se celebrarán entre setembro e novembro de 2025 está aberto. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición escribindo a medioambiente@concelloderianxo.gal ou chamando ao 981 86 08 08 (atención en horario de mañá).

Dende maio de 2025 xa se teñen completado dúas formacións –apicultura e cultivo de froitos vermellos e implantación de terreos forestais– e actualmente estanse a impartir cursos sobre compostaxe e xestión de terreos forestais. Todas as accións forman parte do compromiso do Laboratorio por reforzar as capacidades locais e acompañar a transición cara a modelos de xestión forestal e agrogandeira máis sostibles, xerando coñecemento práctico e aplicable directamente ao territorio.

Estas actividades están financiadas con fondos europeos, grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

251010_Formación castiñeiro Norformación_A5

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información