Formación técnico-práctica para a poda de castiñeiros xuvenís

Este curso centrarase nas épocas ideais, técnicas e ferramentas que utilizar, e nos tipos de poda que se poden aplicar. Terá lugar no polígono industrial de As Gándaras (Lugo) o vindeiro 21 de outubro

Formación técnico-práctica para a poda de castiñeiros xuvenís

O curso centrase nas épocas ideais de poda e nas diferentes técnicas que aplicar en exemplares xuvenís de castiñeiro

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza o curso de formación ‘Taller de introdución á poda de exemplares xuvenís de castiñeiro’ – código FC2022F127160-. Celebrarase en Lugo o venres 21 de outubro no polígono de As Gándaras cunha duración total de 4 horas, de 16h a 20h. A súa asistencia require de preinscrición, a cal pode facerse a través deste enderezo.

Entre os contidos do curso estarán as épocas ideais de poda, técnicas e ferramentas a usar en exemplares xuvenís de castiñeiro. Así mesmo, tamén se abordarán as diferentes tipoloxías de poda, desde formación, a saneamento e rexuvenecemento. Nesta ocasión, esta acción formativa será impartida polo enxeñeiro agrónomo e especialista do castiñeiro Pablo Antonio Fraga.

Deste xeito, esta xornada está incluída dentro do programa de outono de ‘Cadeiras de Divulgación Forestal’ organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2022 de Agacal-Consellería do Medio Rural. Tamén conta coa colaboración do Concello de Lugo e Life Lugo+Biodinámico para a celebración da práctica. Para máis información pode contactarse a través de distrito.forestal9@xunta.gal ou mediante o 982 828 620.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información